domingo, dezembro 18, 2011

Spanish Empanada

Hoje levei unha pequena sorpresa cando nun mercado en Brick Lane mirei un posto onde vendían empanada. Mireino igual que na foto, ahí có cartel anunciando o prezo.

Estiven mirando o coiso un intre, para confirmar que non había referencia nenghunha á GZ, o digo porque punhan empanada, tortilha (omelette) e paelha de estandartes da espanholada. Era un posto de comida typical Spanish. Sen confirmar se a empanada é tradicional na Espanha, a que se mira nas fotos semelhábame talmente empanada galega) ja a tinha mirado a mesma cousa en Londres con outros productos tal que --> aquí. A GZ é unha merda. Vouno pór máis grande OES A GALIZA É UNHA MERDA. Agora aprendede a dicir: Galician Spanish empanada




quarta-feira, dezembro 07, 2011

quarta-feira, setembro 28, 2011

Video Games na HMV Trocadero en Piccadilly




Esta última foto é Canary Wharf en E14. Vai moito calor estes días en London.


sexta-feira, setembro 23, 2011

Os que lhe fan o video a Rajoy son esquimáis?

Ou tuareg, porque non saben absolutamente nada da GZ. De saberen algo nunca se lhes teria escapado o dato. Pois meteron no video do PP un mapa que inclúe a GZ irredenta e unha bandeira coa estrela vermelha. Eu non me tería decatado, pero clickando na foto mírase ben porque ja me encarghei eu de que se mire. Trátase dun mapa editado polo partido independentista e comunista galego NóS-UP en 2005. Hai que ser ben panoco. Pero o que interpreto é que cando se trata de Galiza, o PP lhe fai o encargo a calquera, inda que non tenha nin idea, porque non importa.


Este é o video. A image en cuestión aparesce entre os 43 e 48 segundos. Máis información en Galicia Confidencial.


domingo, setembro 18, 2011

Conachán outra vez [NMNT]

Que alegría que o conachán volve estar operativo. Inda que cós contidos que leva non parece probabel que vaia durar moito desta volta tampouco =D

Lémbrome desto --> XirArEi



quarta-feira, setembro 14, 2011

quinta-feira, agosto 25, 2011

London estes días






Esa separación entre os edificios é unha rúa con nome e todo. Observese que hai gente que pasa por ela para acceder ao restaurante que hai ao longe, pero cando vanhen de volta có bandulho cheio quedan presos atrancados e hai que chamar aos bombeiros voluntarios.

A mesma rúa con placa do rueiro.





sábado, agosto 06, 2011

Rumores de que fraga está en coma

Levo nonseicantos anos escoitando o conto de que Fraga vai velho… que a ver canto dura, que lhe queda pouco… Hai varias horas que aparecen rumores de que está en coma pero non atopo confirmación na prensa. Hai cousa de dúas semanas tanto o Faro como aCóz comentaran que non ía asistir á Festa do Albarinho deste ano. Sería a primeira vez que falta.

Pero hoje publicaron esto n'aCóz. Dín que non vai vir a GZ este verán e usan a expresión «delicado estado de saúde»

Actualización: Pois parece ser que non estaba en coma --> elmundo.orbyt.es/2011/08/07/

segunda-feira, julho 18, 2011

Catalan required (2)


Podía eu tentar con este?


Inda que non tenho problema falando, non podo escrever portugués. Pero tenho claro por qué.

terça-feira, julho 12, 2011

terça-feira, julho 05, 2011

O experimento deve parar

Esta foto é unha lighazón para un artigo de Joám Evans Pim en MundoGaliza.com



segunda-feira, julho 04, 2011

Margarita en Cabral

Contactoume o Emilio para me comunicar o pasamento da Marga.



O tempo que pasáramos ahí metidos.




domingo, julho 03, 2011

quinta-feira, junho 23, 2011

terça-feira, maio 17, 2011

Prensa portuguesa ignora o Día Das Letras Galegas

Nunha lea en Chuza o ano pasado após comprobar o mesmo, alghén contaba que era consecuencia da mensage enviada polas administracións galega i espanhola, espalhando a idea de que galego e portugués non son a mesma língua. Aquí están os resultados da pesquisa por «letras galegas» feita hoje en tres jornais de Portugal. Non hai mención. Penso que é anormal i estou convencido de que esto é por motivos políticos. Agradecería información sobre o tema.

Publico




Jornal de Negocios




Jornal de Notícias




Mentras tanto, venho de probar o gerador automático de poemas de Lois Pereiro.


sexta-feira, abril 29, 2011

Proba documental

Proba de como hoje en Angel (N1) non había referencias ao casamento ese, por se acaso os nodos que mirades na tv (que mira que vos ghusta mirar a tele, crimináis ostia), ou aCóz, ou calquera outra fonte de noticias que gostedes papar… conte que «todo paralisado en Londres polas celebracións e blahblahblah…»






quarta-feira, abril 27, 2011

segunda-feira, abril 25, 2011

A Excalibur e o TNT

«En novembro de 1967, na aldea de Mouruás, concello de San Xoán de Río (Ourense), uns canteiros estaban practicando un dos deportes nacionais galegos: voar con dinamita penedos de castros.» Link para o texto en Capítulo Cero.




Calor


Vai calor estes días.


domingo, abril 24, 2011

Ourence

Carta de vinhos no taboleiro dun pub en London N1.


sábado, abril 23, 2011

O censo

Estou mirando a ver que pasa cando pós esto no censo que fan cada 10 anos no Reino Unido.


segunda-feira, abril 18, 2011

W Wallace en Londres



Esta placa está en EC1, no muro que é a parte norte do St Bartholomew's Hospital, nunha rotonda na cara sul do Smithfield Market. Celebrando o «ejemplar heroismo» de Sir William Wallace, a súa condición de «patriota escocés», e o feito de loitar «na defesa do seu país». Ejecutárano nalgures por aquí hai máis de setecentos anos. Chámame a atención porque esto é en Londres. Sorprenderíame mirar algo similar en Madrid.