
quinta-feira, outubro 11, 2007
segunda-feira, outubro 08, 2007
toda a merda que hai
esto é o Gardian, de hai aproximadamente un mes. Podedes mirar que na portada recollen o lanzamento do novo ipod nano. Este trebellinho merdento que é bastante pior ca calquera dos de Sony é obxecto da atencion da prensa. O mesmo dia, o mesmo trebello aparecia tamén na portada de Vieiros
Esto si que é impresentable, queria coller unha revista de actualidade musical e dín cos fucinhos neste expositor de lixo: arriba, debaixo do NME (que non sei que merda amosaba), os fillos de puta de Kerrang ponhen os FooFighters na portada,
debaixo deles, outra revista que se chama Clash (!?) presenta na portada a... o ghichinho dos FooFighters, debaixo o MOJO có novo look de Liam Gallagher, aghora con melenita (e foto retocada). Á súa esquerda temos a David Gilmour (PinkFloyd) agarrando o mastil dunha Fender na portada do Word. Sómentes o WIRE (arriba) que non o tenho moi catado conserva o beneficio da dúbida. Mostra ao Robert Wyatt (o de Soft Machine) cas barbas brancas de vello. Velai a merda que nos meten. Éche mellor lér o Faro para se enterar do último en bandas
esta igual a miro, o filme sobre Ian Curtis, o de JoyDivision
ou non, porque estou farto de mitomanias. Esto non nos vai facer livres. Aparte dunha cuestión personal: merquei o meu primeiro disco de Joy Division cando tinha 17 anos e só porque me chamara a atención a portada, non os escoitara previamente nen ninguén me contara deles. Non tenho claro que precisemos dunha historia detrás
sábado, setembro 22, 2007
Publicidade Marciana
Atopei esto en Chuza! onte. cada quén que pense o que quera. Eu penso que na Galiza hai un par de xeracións perdidas, por mor dunha miseria inda mais grande que a sua preparación académica.
Telefonica e a publicidade marciana
ou xa postos rir a gusto
Este de hoxe chamoume máis a atención. Principalmente porque pensara que éste era o blog das Novas Xeracións do PPdG na Estrada. Rectifiquei polo aviso no primeiro comentario ahí abaixo. A mín gustoume moito igual
novasxeracionsdaestrada.blogspot.com
Marcadores:
estrada,
novas,
novas xeracions,
publicidade,
telefonica,
xeracions
quarta-feira, setembro 19, 2007
Culpa do Facebook
Por eso non actualizo esto. De feito agora que o miro, semella a folla parroquial dando conta das actividades do mes. Mudar mudar mudar
sábado, agosto 18, 2007
Nerga
algunhas cousas fanse porque hai que facelas e punto
as mesmas cousas mudan polo caminho
impagable instantánea na que se aprecia o dunvirato de producción a falar das cousas importantes, mentras se preparan as barras, pódese incluso mirar a Pacífico probando sonido na esquerda ao fondo
domingo, julho 01, 2007
grandes musicos que eu non o conhezo de nada
Venres: neste restaurante as tapinhas pasan diante de tí nunha fita mecánica en continuo movemento, hai que permanecer ollo avizor para agharrar a que che ghusta. O prezo ven indicado pola cór da base (azul, laranxa, etc...), ademais hai un botón vermello montado na mesma barra (na foto aparece a esquerda do brazo do C) que che vale para chamar ao camareir@. OutRo cOnTO para que esteas a facer o parvo. Logo todos a mirar as cores dos cositos para calcular o coste, e todo cheo de changhallada porque conservas tódolos cositos de todo o que comestes.
nesta foto hai que atopar ao Jose entre a xente no Catch22 en Shoreditch, na última fin de semana antes de que entrara en vigor a prohibición de fumar nos bares e clubs (e calquera centro de traballo cuberto) no UK
Sábado:
pois éste é o Robyn Hitchcock, gran músico e guitarrista psycho folk que escomezara a gravar en 1976 coa sua banda The Soft Boys, mais eu que non tinha nin idea de quén era este ghicho, que tén clube de fans e un museo!!!aquí estan o Jose e o Oscar que consideraban conveniente a asistencia ao concerto
si era tan famoso, entón estivemos nun show moi VIP porque non haberia mais de 60 personas a mirar o hari. Esto foi nun pequeno pub en Clerckenwell
ese que aparece ao fondo recollendo os cables era o ghitarrista de Katrina&theWaves, segundo o Jose ou o Oscar
gravei unha piesa co telemobil. Como video é unha merda, non ves mais que cabezas, mais a música escóitase relativamente ben
domingo, junho 24, 2007
a Rosa outra vez
Assinar:
Postagens (Atom)