sexta-feira, maio 16, 2008

xunteime con éstes

Este blogue forma parte da Rede de Blogueiras/os en defensa do GalegoPorque penso que levan razón

inda que esto tamén é certo, pero aghora que o puxen non o vou quitar. Logo entereime en Chuza! destoutra cousinha sobre ún que lle dín promotor de 'bloguespolalingua'. Non sabia nada destas historias. Aburinho.

quinta-feira, maio 15, 2008

Willie Nelson


Dentro do conxunto de actos a celebrar en Londres polo día das letras galegas estaba o hari de Willie Nelson no Hammersmith Apollo ontronte. Índa tén retranca este vello.

sábado, maio 10, 2008

qué caladinhos estaban todos éstes


vinheron da central da companhia nos USA a nos botar un rollo, pero eu non me enterei de nadinha porque vinha de tomar un 'lunch' cós companheiros e bebéramos vinho e aparte, a cousa era un rollo. Chamoume máis a atención o ghicho que está todo tieso diante do que fala, coma se fose un xeito de protestar, ou algo.

sábado, maio 03, 2008

Roberto Manzin era o saxofonista no sitio segredo

e mireino no Troy onte a noite, porque o Alan (saxo habitual) está de viaxe. Falei có Robbie no descanso da jam e non pasaron 3 minutos antes de que escomezara a me preguntar polas movidas que tinhamos no traballo estes dias, que o Alan non lle contara moito. Expliqueille que eran mamoneos provocados por managers incompetentes e monitos aprendices de fillosdeputa. Coincidín a mexar có bateria nos lavabos e non sei si seria él o bateria no sitio segredo hai un mes, pero deu aprobación tácita para pór o clip neste bloghe. Está ben esto de pedir permiso.

quinta-feira, abril 17, 2008

levo a marca desto

e a marca dos dez dias de choiva, frio e vento logo dos tres de sol (cando tirei as fotos) tamén a levo. Xa contaba que ó clima tanto lle tén que eu venha sómentes por duas semanas



qué estarán a facer en Raxó nesa obra no monte á dereita?


segunda-feira, março 31, 2008

O Juan Pardo británico (tour 2008!)




Mirade para este ghicho como semella o Juan Pardo. Atopei este poster peghado nún muro da rua, perto de Old st, ás seis da manhancinha do Domingho, porque ía caminho da casa logho dunha ghran festa nún sitio segredo.









esto era a festa. Non se mira nada porque era un segredo

segunda-feira, março 24, 2008

nevando a finais de Marzo

onte e hoxe nevou no centro de Londres, inda que derretía nada máis tocar chan ou antes. Non nevara en todo o Inverno máis que dous dias en Xaneiro. Tanto che tén. O que sí que vai é un viruxe do carallo.