sábado, setembro 22, 2007
Publicidade Marciana
Marcadores:
estrada,
novas,
novas xeracions,
publicidade,
telefonica,
xeracions
quarta-feira, setembro 19, 2007
Culpa do Facebook
Por eso non actualizo esto. De feito agora que o miro, semella a folla parroquial dando conta das actividades do mes. Mudar mudar mudar
sábado, agosto 18, 2007
Nerga
algunhas cousas fanse porque hai que facelas e punto
as mesmas cousas mudan polo caminho
impagable instantánea na que se aprecia o dunvirato de producción a falar das cousas importantes, mentras se preparan as barras, pódese incluso mirar a Pacífico probando sonido na esquerda ao fondo
domingo, julho 01, 2007
grandes musicos que eu non o conhezo de nada
Venres: neste restaurante as tapinhas pasan diante de tí nunha fita mecánica en continuo movemento, hai que permanecer ollo avizor para agharrar a que che ghusta. O prezo ven indicado pola cór da base (azul, laranxa, etc...), ademais hai un botón vermello montado na mesma barra (na foto aparece a esquerda do brazo do C) que che vale para chamar ao camareir@. OutRo cOnTO para que esteas a facer o parvo. Logo todos a mirar as cores dos cositos para calcular o coste, e todo cheo de changhallada porque conservas tódolos cositos de todo o que comestes.
nesta foto hai que atopar ao Jose entre a xente no Catch22 en Shoreditch, na última fin de semana antes de que entrara en vigor a prohibición de fumar nos bares e clubs (e calquera centro de traballo cuberto) no UK
Sábado:
pois éste é o Robyn Hitchcock, gran músico e guitarrista psycho folk que escomezara a gravar en 1976 coa sua banda The Soft Boys, mais eu que non tinha nin idea de quén era este ghicho, que tén clube de fans e un museo!!!aquí estan o Jose e o Oscar que consideraban conveniente a asistencia ao concerto
si era tan famoso, entón estivemos nun show moi VIP porque non haberia mais de 60 personas a mirar o hari. Esto foi nun pequeno pub en Clerckenwell
ese que aparece ao fondo recollendo os cables era o ghitarrista de Katrina&theWaves, segundo o Jose ou o Oscar
gravei unha piesa co telemobil. Como video é unha merda, non ves mais que cabezas, mais a música escóitase relativamente ben
domingo, junho 24, 2007
a Rosa outra vez
quarta-feira, junho 20, 2007
a festa en Hackney
o Marcus (o da esquerda, o da dereita é o Alan) editou un cd con Stacks_of_Stamina e vive con outros dous suecos e mais un canadiano, todos dj's. Fun á sua casa porque daban a festa co conto de que o Johan (con sombreiro) voltaba de nonseiqué xira polos USA. VAia rolLO, da "xira" esa ou "tour" non obtiven moito detalle.
a todo esto, ir só a Hackney e voltar ás tantas da manhá non é algo que me fagha ghracia, pero tampouco podo deixar de facer cousas por eso, xa abonda cás alarmas de bombaso que hai no centro
e pinchaban a música có iTunes, mais preguiza non se pode tér, mais o chiringhito estaba ben montado, tinha a impresión de que estaba nunha movida underground, caso de tér eu invitado xente a bailar á minha cocinha, pinchando do iTunes coa computadora enriba do microondas todo cristo diria que son un trapallas. Está claro que hai algo que fago mal.
Marcus deume unha copia do seu cd, hei agardar unhas semanas antes de escoitalo para evitar ser influenciado pola cantidade de hip-hop que puxeron esa noite
segunda-feira, junho 18, 2007
google bombing
a quén quera colaborar, clickeando neste link de aquí abaixo que dí tangallegocomoelgallego axudas a correxir un pequeno desequilibrio. O que importa é clickear, polas estatísticas de Google e todo eso:
tangallegocomoelgallego
a cousa
aquíe sobre Google bomb
acó
Assinar:
Postagens (Atom)