Atopei estes pementos de Padrón nún dos supermercados da cadea Marks&Spencer no centro de Londres. Chamoume a atención a imaxe do touro na bolsa. Aquí no Reino Unido estou afeito a mirar imaxes similares en productos picantes típicos de Mexico, ou tamén do sul da Espanha. Mais cústame relacionala cós pementos de Herbón. Foi a escolha do importador? Igual saben moito de promoción e marketing e pensan que vai vender melhor se o identifican como un producto typical Spanish de touradas e gazpacho.
Nesta foto podemos mirar á dereita como utilizan un mapa de Espanha para situar Padrón perto de Compostela, i engaden outras cidades do estado como referencia.
A ver se metendo un papel branco na bolsa mírase melhor, sorry que non podo tirar melhores fotos có telemóbil. Enriba do touro en amarelo pódese ler: «1 in 30 has a kick» que quer dicir «1 de cada 30 pica». Logo de mirar a bolsa por diante e por detrás comprobo que a palabra «Galicia» non aparesce por nengures.
Esto é unha declaración de principios. Este texto remata así: «Enjoy! or as we say: Pimientos de Padron, que ricos son!”»
O texto vai en inglés porque é para vender no Reino Unido, máis o toque 'canhí' do aturuxo en castelán «Que aproveite! ou como nós dicimos: Pimientos de Padron, que ricos son!» dí moito do xeito de pensar.
Está prohibida a identificación dos productos galegos como tales para a exportación? Ou é que Casa Conde (a empresa que comercializa os pementos e suponho que quen decide o texto) pensa que vai vender máis presentando os productos galegos de tal xeito? Os británicos que conhecen Galiza saben das situacións históricas que crean diglosia, porque esto tamén acontece noutras partes do mundo.
Para esta empresa galega, Galiza non existe. Por que sinto verghonha cando miro para esta bolsa de pementos?
Aparte deso aquí en London todo ben pero vai un pouco de frio. Abur
Um comentário:
pemento VERDE,logo VERMELLO,sombra BRANCA=(Mexixo),mais o SOL(Icona bem mexicana) que envolve o TOURO, e a linha principal do logo, que é AMARELA,=(Espanha)..
Pemento~Mexico~Picante~Espanha...mentes privileghiadas,comunicadores!
Galicia?,só pra nomeala no link de CasaCristo..?
..qué carallo é a figurinha vermella superior?, a que está no alto da linha ghrande amarela.
deica rapáss.
apertas dende o norte de galicia
Postar um comentário