Estiven mirando a movida do artigo «Vender Ceuta e Melilla» en GaliciaConfidencial e acho que confirma certas cousas que levo mirando que acontece na rede cando escreves en galego.
Primeiramente dicir que para mín o artigo é retranqueiro e inofensivo. Cando o lera antes de que se montara o círio nen se me ocorrera que en Ceuta ou Melilla se ían molestar. Nen sequera que se ían enterar. Pero alomenos un jornal ceutí apresentou a nova (máis ben a denunciou) provocando un aumento de visitas e comentarios en GC, que inda que fosen tres escrevendo a estronso, sendo de gente molesta por cuestionar a súa espanholidade e tratándose dún texto en galego, nun jornal en galego pois ja nos podemos imaginar o que había na ristra de comentarios. Esto é un claro caso de manipulación no que colhen un texto en galego e o traducen ao espanhol escondendo a retranca que originalmente tinha en galego para o vender literal, ao jeito daquela piada de «from lost to the river». Para se decatar hai que ser galego, que é algo distinto do que ser espanhol.
O asunto é moi concreto e non debería dar para máis pero para mín é un caso máis de como a RAG é unha ferramenta para facer do galego un dialeto inútil do espanhol. Cando usas a normativa RAG nunca sáes do universo espanhol i és un resultado das pesquisas en espanhol, e o teu público é gente que fala espanhol, e a vara de medir é o espanhol, i empregar o artigo para designar unha persoa (a María, o Daniel) non é apropriado, e se non sabes como lhe chamar a algo usas o termo espanhol, e calquera che ven a dicir que fales en espanhol… por riba de todo, os teus contidos son valorados dende o punto de vista espanhol. A projección internacional dos sites en galego RAG é a do jogo do Real Madrid o Sábado e a de pidir que rematen as obras do AVE para estar conectados con Madrid. A normativa dos que construen o mundo en espanhol mentras gostan de falar galego porque che son moi enxebres, mira tí. Porque nunha GZ autonómica o estado espanhol presiona para que non se permita máis galego que o inútil, para que a única opción seria seja o espanhol.
Eu non sei de normativas, aprendín a escrever coa normativa RAG, nen tenho claro o que é un reintegracionista. Pero logo de dez anos emigrado é coa internet como un medio básico para me comunicar, decateime de que sómentes con adoitar o NH, o LH, e usando o G ou J entroques do X, abandonas o universo espanhol e pasas ao internacional, onde vás dar con outros planetas e outras naves espaciais. A google non chos vai indexar na saca de espanhol… Os scanners en Ceuta non terían detectado o artigo de galiciaconfidencial, que ficaría no seu carreiro para seren accesado polo seu público, evitando o ruido de tanta transmisión en canal saturado.
domingo, abril 29, 2012
sábado, abril 28, 2012
terça-feira, abril 10, 2012
segunda-feira, abril 09, 2012
Trapalhada dos marcianos do planeta OpinionCorunha
Os marcianos da OpiniónCorunha sonche marcianos do montón.
Original --> galego.laopinioncoruna.es/coruna/2012/04/08/mariscadores-pie-critican-pasividad-gobiernos-ria
Atopado aquí
Original --> galego.laopinioncoruna.es/coruna/2012/04/08/mariscadores-pie-critican-pasividad-gobiernos-ria
Atopado aquí
Marcadores:
automatico,
coruña,
corunha,
mariscadores,
monton,
opinion,
traductor,
tradutor,
trapalhada
domingo, abril 01, 2012
Aprovan mudança de nome de Vilalba para «Vilalba de Fraga Iribarne»
Votos a favor do PP, abstención do PSOE, e oposición do BNG.
--> www.mudanca-nome-vilalba-para-vilalba-fraga-iribarne
--> www.mudanca-nome-vilalba-para-vilalba-fraga-iribarne
Assinar:
Postagens (Atom)