Mostrando postagens com marcador black cherry. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador black cherry. Mostrar todas as postagens

domingo, setembro 18, 2011

Conachán outra vez [NMNT]

Que alegría que o conachán volve estar operativo. Inda que cós contidos que leva non parece probabel que vaia durar moito desta volta tampouco =D

Lémbrome desto --> XirArEi



sábado, outubro 03, 2009

Outro para o burato



Nota: unexpectedly passed away = morreu inesperadamente (accidente, suponho)

Xa me parecía a mín que andaban a pasar cousas moi raras. Puxéralles un e-mail para saber como era o de apuntarse para asegurarme sitio no hari do Xoves 24 (daban un hari en Hoxton sq.) e contestáranme que o hari fora cancelado. Miro en internet e acho que cancelaran tódolos concertos en Londres. E úns comentarios moi raros no Facebook. Xa me cheiraba algo así. O caso é que estou seguro que mirara o difunto dous días antes, de casualidade, que me atopara có bateria, que estaba traballando no sonido dún evento en Angel, e mentras falaba eu có Gui, mirei ó Rob por alí tamén recollendo cables. Hai que procurar foder todo o que se poda que vás para o burato máis rápido que diola.

Quen estivera en Londres conmigo igual conheceu a Ida, unha sueca pequerrechinha. Conhecín a Black Cherry por ela, que é a namorada dún deles. Do difunto non, do outro.

quarta-feira, fevereiro 18, 2009

Black Cherry again


O Venres pasado fun mirar un hari dos Black Cherry en Hoxton Sq. Non me dou aclarado se o conxunto que vestía a Megane (a cantante) é o mesmo que levara na foto que lle publicara TheIndependent hai dous meses. A todo esto mirei a policia quitar un ghicho para fora do bar e metelo no furgón sen que a concurrencia se enterara. Entereime eu porque saíra a fumar cando aconteceu a operación e mirei un furgón e catro carros fora. Un espabilado comentou que fora por algo relacionado cá drogha. E duas xaponesas (a minha companheira do piso e a colegha) a berrar que que non o levaran, que era moi currinho e tinha cara de seren inocente. I eu a afastarme delas. Cún canuto na mán non tenho eu necesidade de me pór a facer o paiaso a molestar diante da policia.

Miren que pose máis correcta pa mirar un hari, có abrigo e o bolso. Esta lista chámase Ida, Ida nonseicanto.

quinta-feira, agosto 07, 2008

Black Cherry

Para esquecer deso que lle contaba ao Takahiro hai dous posts, fun o Xoves a Hoxton Sq. a mirar un hari dúns que se chaman Black Cherry que conhezo porque o batería é o namorado dunha que traballaba conmigo. Este era (penso que) o primeiro concerto dende que actuaran en Glastonbury hai mes e pico.


A marca que me pintaron na mán no gharito para confirmar pagho non marcha. Xa van 24 horas e duas duchas, pero mola.