Mostrando postagens com marcador eire. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador eire. Mostrar todas as postagens

quinta-feira, abril 15, 2010

O irelandés do Starbucks

Non ponho nada estes dias porque non tenho gana. Esto é porque onte nun Starbucks (un café destes) e de casualidade, escomecei a falar cun irelandés que me contou que canda neno na escola unha das primeiras cousas que lle aprenderan foi que eles non tinhan nada que ver cós ingleses, que os irelandeses estaban emparentados cós galegos. Cousa curiosa, porque lembro falar con algún outro irelandés que non sabia nada da Galiza. Igual é que eses que non saben nada son os das áreas máis influenciadas por inglaterra e lles aprenden outras cousas na escola. Non sei, digo eu. Nin idea, mais quedeime có dato.

quarta-feira, março 19, 2008

S Patrick's day en Cork

Pasei tres dias nesta cidade que atravesas a pé en des minutos de pequena que é, pero cara coma unha grande capital (€4 por unha pinta de guinness), menos mal que o hostal cobraba €17.5/dia. Eu porque ía de festa rachada, pero compartir cuarto seis persoas (maioria no hostal de ianquis, australianos e ingleses, e máis mulleres ca homes) en tres literas e un banho pode ser unha vaina. Non foi o caso, inda que as paredes eran de papel i enterábaste de todo o que acontecia nos cuartos próximos. Xa na rua, a música ao vivo nos pubs é ún dos ingredientes da festa. Outro ingrediente é o alcohol.

O pasarúas de S Patricio foi relaxado, semella que calquera colectivo que quera, pode participar, a xulgar polo aspecto das comitivas, máis proprio do entroido. Sorprendeume o último grupo pedindo "Freedom for Palestine", formada por xente irelandesa, todos có panhho palestino no pescozo. Tamén observei, tal e como imaxinaba, que ninguén fai o paiaso a ponher roupas relativas ó dia, nen pintarse trebóns na cara nen merdas desas (agás os nenos pequenos), fano os estranxeiros. Todos os que miramos a facer o parvo eran norteamericanos ou australianos.

fumos a unha festa con hari de versións (nada novo) nun garito chamado 'Old Oak'. As mulleres semellan ser moi botadas padiante.



Pasatempo: identifique os australianos na foto






No Eire usan a palabra 'Garda' entroques de 'policia' (tamén arriba na foto do pasarúas, escrito nas costas dos tres axentes). Inda tén que chover para que o fagan na Galiza.


outras cousas:
  • tódo-los carteis comerciais están en inglés inda que mirei algo en gaélico
  • a sinalización viaria e institucional é nas duas linguas, mais o gaélico cáseque sempre nun segundo plano (en segundo lugar, ou rotulado máis pequeno)
  • na rúa o que máis escoitei foi inglés, pero o gaélico é frecuente, digamos 70%-30%
  • escoitei xente nova e adolescentes falar gaélico
  • dous gaélico-parlantes que non se conhecen inician conversa en inglés, logo dunhas palabras mudan para gaélico
  • suponho que a porcentaxe de gaélico é maior da que eu percibín porque eu son identificado como visitante, e sigo patróns de comportamento de guiri, ou sexa que os meus movementos son predecibles e as cousas xa están agardando por mín en inglés



unha última cousa: seica Bansky estivo en Cork?