Mostrando postagens com marcador mapa. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador mapa. Mostrar todas as postagens

quinta-feira, fevereiro 09, 2012

o mapa

Úns aquí en Londres, que fan xuntanzas anunciando que o tema do grupo é Europa e os europeus, das que de tanto en tanto me chega algúnha notificación por estar alojados nun portal destes dos grandes que eu visito para mirar outras historias, decidiron ponher esta image no seu album online, e no website alguén se pregunta si é bóa idea usar tal image ou se se vai molestar alguén, e outro espabilado dí que provocadora é, mais que racista non. Está inspirada na campanha do vodka Absolut hai así como tres ou catro anos, onde amosaban un mapa onde Mexico lhe colhía un cacho aos USA.

Leva a marca de thePeoplesCube abaixo, así que fun mirar. Foron eles os que lhe meteran o texto da campanha de Absolut e a foto da gharrafa, mais o mapa colhéranno da rede, obviamente a chafalhada de mapa é obra dalgún elemento de extrema dereita. Inda pasei un rato entretido mirando o que tenhen posto en --> the people's cube


sexta-feira, setembro 23, 2011

Os que lhe fan o video a Rajoy son esquimáis?

Ou tuareg, porque non saben absolutamente nada da GZ. De saberen algo nunca se lhes teria escapado o dato. Pois meteron no video do PP un mapa que inclúe a GZ irredenta e unha bandeira coa estrela vermelha. Eu non me tería decatado, pero clickando na foto mírase ben porque ja me encarghei eu de que se mire. Trátase dun mapa editado polo partido independentista e comunista galego NóS-UP en 2005. Hai que ser ben panoco. Pero o que interpreto é que cando se trata de Galiza, o PP lhe fai o encargo a calquera, inda que non tenha nin idea, porque non importa.


Este é o video. A image en cuestión aparesce entre os 43 e 48 segundos. Máis información en Galicia Confidencial.