domingo, agosto 10, 2008
Queimando a computadora enviando CV's
Así que o Venres mesmo fun cear á casa do Qaalfa en Candem a que me contara sobre as empresas que precisan xente que escrebe VBA-Excel e outras cousas.
Pero tamén estaba o Takahiro, que contou rindo que tivo unha entrevista de traballo que lle saiu de pena, e tan pancho. Cando os pais rematen coa paciencia ou cós cartos para mantelo xa verás como tira con esa filosofia de: "eu para entrar a traballar nún estudio de desenho de pret-a-porter destes de merda, mellor paso. Non podo tirá-lo meu tempo". Moito lle resbala calquera cousa que lle digamos.
O caso e que xa lle mirei unha saia que desenhara en Viena, unha cousa coma recortar un traxe de noiva e facer unha minisaia con moghollón de volumen que me pareceu preciosa. E a camisola que leva nas fotos, fixérana a sua namorada, leva unha cenefa ou algo cosida en vertical por diante e foi pintada a mán. Estivemos toda a cea a lle facer caso a él, e sentoume ben esquecer do meu por un rato.
sexta-feira, agosto 08, 2008
quinta-feira, agosto 07, 2008
Black Cherry
domingo, agosto 03, 2008
qué muller!
xa está ben, a mín o que me mola musicalmente é esto:
festa pOp, unha elucubración sobre a lingua empregada no clip aparecida neste blogue provocou unha gran confrontación entre isolinos e reintegratas, que se pode mirar aquí.
sábado, agosto 02, 2008
segunda-feira, julho 28, 2008
os que non temos aldea
Que texto máis bonito de Fran P. Lorenzo en ECG. Non aparecerá en nengún documental que na minha escola en Vigo a finais dos anos 70 e comezos dos 80 dábano-la asignatura de lingua espanhola...en galego, e independéntemente do que te dixeran en castelán, a información importante ía no comentario entre eles (os profesores) en galego e voz baixa, ou nas conversas que o meu pai (que me falaba castelán) tinha en galego segundo con quén as tivera. Levábamo-lo incorporado de serie cunha aprendizaxe case osmótica (como gostei desa expresión).Non sei canto tempo máis vou botar en Londres, máis penso que tenho unha capacidade de perderme e de atoparme no universo desenvolvida grandemente polo que describo arriba. Hai veces que algún que vén do quinto carallo no mundo escomeza a me contar unha historia na que identifico cousas que xa aconteceron noutros lugares i en momentos distintos, dende sempre.
Souben desto porque aparesceu aquí.
sábado, julho 19, 2008
falsa alarma
Assinar:
Postagens (Atom)


