segunda-feira, março 31, 2008

O Juan Pardo británico (tour 2008!)




Mirade para este ghicho como semella o Juan Pardo. Atopei este poster peghado nún muro da rua, perto de Old st, ás seis da manhancinha do Domingho, porque ía caminho da casa logho dunha ghran festa nún sitio segredo.









esto era a festa. Non se mira nada porque era un segredo

segunda-feira, março 24, 2008

nevando a finais de Marzo

onte e hoxe nevou no centro de Londres, inda que derretía nada máis tocar chan ou antes. Non nevara en todo o Inverno máis que dous dias en Xaneiro. Tanto che tén. O que sí que vai é un viruxe do carallo.

quarta-feira, março 19, 2008

S Patrick's day en Cork

Pasei tres dias nesta cidade que atravesas a pé en des minutos de pequena que é, pero cara coma unha grande capital (€4 por unha pinta de guinness), menos mal que o hostal cobraba €17.5/dia. Eu porque ía de festa rachada, pero compartir cuarto seis persoas (maioria no hostal de ianquis, australianos e ingleses, e máis mulleres ca homes) en tres literas e un banho pode ser unha vaina. Non foi o caso, inda que as paredes eran de papel i enterábaste de todo o que acontecia nos cuartos próximos. Xa na rua, a música ao vivo nos pubs é ún dos ingredientes da festa. Outro ingrediente é o alcohol.

O pasarúas de S Patricio foi relaxado, semella que calquera colectivo que quera, pode participar, a xulgar polo aspecto das comitivas, máis proprio do entroido. Sorprendeume o último grupo pedindo "Freedom for Palestine", formada por xente irelandesa, todos có panhho palestino no pescozo. Tamén observei, tal e como imaxinaba, que ninguén fai o paiaso a ponher roupas relativas ó dia, nen pintarse trebóns na cara nen merdas desas (agás os nenos pequenos), fano os estranxeiros. Todos os que miramos a facer o parvo eran norteamericanos ou australianos.

fumos a unha festa con hari de versións (nada novo) nun garito chamado 'Old Oak'. As mulleres semellan ser moi botadas padiante.



Pasatempo: identifique os australianos na foto






No Eire usan a palabra 'Garda' entroques de 'policia' (tamén arriba na foto do pasarúas, escrito nas costas dos tres axentes). Inda tén que chover para que o fagan na Galiza.


outras cousas:
  • tódo-los carteis comerciais están en inglés inda que mirei algo en gaélico
  • a sinalización viaria e institucional é nas duas linguas, mais o gaélico cáseque sempre nun segundo plano (en segundo lugar, ou rotulado máis pequeno)
  • na rúa o que máis escoitei foi inglés, pero o gaélico é frecuente, digamos 70%-30%
  • escoitei xente nova e adolescentes falar gaélico
  • dous gaélico-parlantes que non se conhecen inician conversa en inglés, logo dunhas palabras mudan para gaélico
  • suponho que a porcentaxe de gaélico é maior da que eu percibín porque eu son identificado como visitante, e sigo patróns de comportamento de guiri, ou sexa que os meus movementos son predecibles e as cousas xa están agardando por mín en inglés



unha última cousa: seica Bansky estivo en Cork?


sexta-feira, fevereiro 15, 2008

Do you remember when Michael Jackson was black?

ún que se chama Niklas (o aiatola da esquerda nunha foto hai dous posts) levoume a unha festa reggae o Mércores-cuartaFeira á noite, preto de OxfordCircus, e cando cheghamos ó sitio resulta que eran todos negros caribenhos, que tanto me tén mais sí que sentín unha pouca impresión que che dá cando detectas a cousa da uniformidade étnica e tí non és da nosa xente. Todos a rir cando o DJ botou a pregunta que titula este post. Cadencias lentas e baixo un pouco desacougado. Qué mal bailaba o cabrón do Niklas.

segunda-feira, fevereiro 11, 2008

Que precioso que está Covent Garden, que pasei o outro dia pola piazza e puden apreciar esta bébeda estampa


e moita xente en Chinatown, en festas pola cheghada do novo ano chinés, vaia rollo, non apreciei nada porque tinha fame e lisquei

Esta sí que é a única verdade

sábado, novembro 24, 2007

Extremismo nacionalista

Aghora que todos mirástedes a nova de que Escocia poderia independizarse do Reino Unido núns poucos anos, deberiades mirar tamén o tratamento que a prensa inglesa fai da nova. Aquí enriba o Guardian titula "Cómo será o Reino Unido sen Escocia?"
Se alghén pensou que ía atopar unha análise seria vai aviado/a porque tenho máis que facer, o que non precisa de análise nenghunha é o tono empregado.
onde están os aiatolas da balcanización? onde están os líderes políticos británico a foder con mensaxes de crispación e terrorismo? chegha a ser en Espanha e xa tinhas aos de sempre amenazando con outra guerra civil, :p que me escarallo.
estes aiatolas estaban conmigho a mirar esta exposición de fotoghrafia, e tamén discutimos o asunto. abur

a foto da espera

quiteina cando agardaba o inicio do show de stand up comedy (ou sexa, que un ghicho/a conta chistes ou historias nún bar). Non habia sitio cando cheghei e tiven que sentar nas cadeiras de diante, esto pode ser perigoso porque arríscaste a que pases a participar no chiste se o artista así o considera. Penso que esto é a razón do dramatismo da foto, que foi tomada cún efecto deses que che venhen no telemobil (solarize, que non sei o que é).