quinta-feira, março 04, 2010

ThreeToFour by OutputArts at TheFoundry: Agardando que chova

Vai estar ata o Domingo. Puxeron na terraza do edificio do Foundry unha arpa con catro cordas de baixo e unha pastilla como as das guitarras eléctricas. Movidas polo vento, o sinal xerado envíase abaixo ao sotárrego (hai que baixar unhas escaleiras un pouco así), que é unha vella cámara acorazada de cando aquelo era un banco. As cordas están xa afinadas para producir algunhas das frequencias resonantes da cámara, onde o sinal é amplificado e unha proxección amosa unha cór que vai mudando segundo o sonido. Sunponho que todos temos mirado cousas similares pero a mín estas movidas sedúcenme.


Contáronme os do Foundry que cando chove a cámara énchese de música celestial. Así coma mire que chove collo a bici e chego alá en sete minutos.

ThreeToFour está explicado (en inglés) aquí no site de OutputArts.


Nenhum comentário: