Mostrando postagens com marcador terraza. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador terraza. Mostrar todas as postagens
sexta-feira, novembro 19, 2010
A neveira na terraza
O caseiro moveu a neveira para a terraza por mor dunhas obras na cocinha. Todo feito unha merda e total, imos tirar con ela. Como non hai sitio na outra e vai frio inda temos cousas nesta. Muda a percepción o de saír a colher un pemento na neveira esta. Sínto como que estou na composición da foto de portada dún disco de Pink Floyd.
quinta-feira, março 04, 2010
ThreeToFour by OutputArts at TheFoundry: Agardando que chova
Vai estar ata o Domingo. Puxeron na terraza do edificio do Foundry unha arpa con catro cordas de baixo e unha pastilla como as das guitarras eléctricas. Movidas polo vento, o sinal xerado envíase abaixo ao sotárrego (hai que baixar unhas escaleiras un pouco así), que é unha vella cámara acorazada de cando aquelo era un banco. As cordas están xa afinadas para producir algunhas das frequencias resonantes da cámara, onde o sinal é amplificado e unha proxección amosa unha cór que vai mudando segundo o sonido. Sunponho que todos temos mirado cousas similares pero a mín estas movidas sedúcenme.
Contáronme os do Foundry que cando chove a cámara énchese de música celestial. Así coma mire que chove collo a bici e chego alá en sete minutos.
ThreeToFour está explicado (en inglés) aquí no site de OutputArts.

Marcadores:
arts,
camara,
foundry,
output,
outputarts,
sotarrego,
terraza,
the foundry
Assinar:
Postagens (Atom)