Levo cáseque 9 anos vivindo en Londres. Non tenho pánico a voar mais non me ghusta nadinha. Total que papo bastante avión. Como gostaría de tér un aeroporto próprio en Lavacoia pero con conexións (tren, bus) para toda a GZ, para non ter que molestar parentes cada vez que vou de Londres a Vigo. E que os voos a Londres foran ao aeroporto de Heathrow, porque tén estación de metro debaijo para conectar rápido e barato có centro de Londres. A linha da Ryanair voa a Stansted, onde sí, hai tren, pero o bilhete cústa moito máis. En tódalas grandes cidades que conhezo lévache máis dunha hora chegar ao aeroporto. Non comprendo quén distrae a opinión pública fomentando localismos que aspiran a tér un aeroporto internacional en Vigo e outro na Crunha. Esto (o link de ahí abaijo) saíu no Faro de Vigo hai dous ou tres días. Sorpréndeme a cantidade de comentarios encendidos apoiando o dereito de Vigho a tér vóos internacionais, pero non descarto que seja gente aproveitando para criticar formacións políticas pero que non saben das necesidades de quen usa os aeroportos a cotío, porque non fan sentido. Esta gente vóa? A Punta Cana, suponho.
Esta é a ligazón:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/11/25/caballero-exige-diputacion-contrate-forma-inmediata-vuelo-londres/494475.html
Mostrando postagens com marcador stansted. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador stansted. Mostrar todas as postagens
segunda-feira, novembro 29, 2010
sábado, julho 18, 2009
A merda de voar hoxe
Ryanair xa non che fai o “check in“, agora falo tí por internet e imprimes o cartón de embarque. O que antes era o mostrador de “check in“ agora é sómentes para deixar a maleta. Semella que vai ser máis rápido pero mirade que aspecto tinha a sá dos mostradores do aeroporto de Stansted este Xoves dezaseis. Está claro que traballamos nós para que eles reduzan persoal.
Assinar:
Postagens (Atom)