Mostrando postagens com marcador vigo. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador vigo. Mostrar todas as postagens

quarta-feira, março 28, 2012

Despacho vigués de investimento financieiro revoluciona a comunicación e todo eso (II)

Hai dous meses falara do website deste despacho financieiro. Venho de descobrir que ten o anuncio na Praza de Espanha en Vigo. Miren o slogan.

ES NECESARIO SABER SIEMPRE HACIA DÓNDE SE ESTÁ YENDO. CON NOSOTROS NUNCA LO DUDARÁ.
Son uns cracks, hahaha.

Non se perdan o website --> Despacho vigués de investimento financieiro revoluciona a linguage de comunicación web




quinta-feira, março 08, 2012

Trapalhada dos marcianos do planeta FaroDeVigo

Salustiano Matogueira. Pode ser que estean a falar de Salustiano Mato, Reitor da Universidade de Vigo. O de ter unha versión en galego feita por un tradutor automático é de tralha.

Link ó Faro --> http://galego.farodevigo.es/galicia/2012/03/08/salustiano-mato-declara-marco-operacion-campeon/630735.html

Vía --> diogui


quinta-feira, janeiro 26, 2012

Despacho vigués de investimento financieiro revoluciona a linguage de comunicación web

BrOkeRs eSpeciAlizadoS, coma se fora o nome dunha banda da movida dos oitenta. A policía de Vigo segue a buscar aos pérfidos que enganaron a esta bóa senhora, á que lhe cobraron pola criación do sitio web do seu despacho de investimento financieiro i entroques lhe fixeron esta barrabasada para que todo quisque bote a risotada. Estas cousas non se fan.





Eu penso que esto saíu dunha sóa persoa, un caso destes de levar a idea de ún mesmo ata o final, porque non me imagino que un grupo ou equipa poidera chegar ata estes extremos. O site aposta por tonos atrevidos e o uso de texto en cursiva ou incluso maiúsculas para criar slogans contundentes e revirados ao mesmo tempo, dos que hai ahí arriba varios que seleccionei nos que se pode clickar para comprobar o que digo. A navegación en linha, sen menú, pasas as cinco páginas unha detrás da outra para ligar outra vez coa primeira… as fotos, e a canción bilinghue (inglés e francés) tamén en bucle porque cando remata escomeza outra vez :P todo converte a visita a este site nunha experiencia despampanante.

Miren miren --> CristinaDeAndres.net e suban o volumen do chintófono para escoitar a canción de marras, da Celine Dion con outro ghicho que non sei quen é.



segunda-feira, julho 04, 2011

Margarita en Cabral

Contactoume o Emilio para me comunicar o pasamento da Marga.



O tempo que pasáramos ahí metidos.




quinta-feira, março 03, 2011

A Corina administra ela a página do Facebook

Miren o que pasa cando andas a facer a campanha electoral no Facebook. Que che venhen mirar nela a ver que hai para criticar, pero a Corina estivo rápida a corrigir o que houbera ahí que non era exacto.
Podería ser un admin, pero semelha que é ela persoalmente quen leva a página. Acho que eso é bó. A ver canto aguanta.

Inda con todo, polo que conta esta página do PP de Vigo eu entendo que por un periodo foi ao mesmo tempo concelheira en Vigo, deputada provincial, vice-presidenta da Deputación Provincial e senadora tal como se mira nestes pantaiasos geral e detalhe:





segunda-feira, novembro 29, 2010

Por que promoven a farsa do localismo cós aeroportos na GZ?

Levo cáseque 9 anos vivindo en Londres. Non tenho pánico a voar mais non me ghusta nadinha. Total que papo bastante avión. Como gostaría de tér un aeroporto próprio en Lavacoia pero con conexións (tren, bus) para toda a GZ, para non ter que molestar parentes cada vez que vou de Londres a Vigo. E que os voos a Londres foran ao aeroporto de Heathrow, porque tén estación de metro debaijo para conectar rápido e barato có centro de Londres. A linha da Ryanair voa a Stansted, onde sí, hai tren, pero o bilhete cústa moito máis. En tódalas grandes cidades que conhezo lévache máis dunha hora chegar ao aeroporto. Non comprendo quén distrae a opinión pública fomentando localismos que aspiran a tér un aeroporto internacional en Vigo e outro na Crunha. Esto (o link de ahí abaijo) saíu no Faro de Vigo hai dous ou tres días. Sorpréndeme a cantidade de comentarios encendidos apoiando o dereito de Vigho a tér vóos internacionais, pero non descarto que seja gente aproveitando para criticar formacións políticas pero que non saben das necesidades de quen usa os aeroportos a cotío, porque non fan sentido. Esta gente vóa? A Punta Cana, suponho.

Esta é a ligazón:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/11/25/caballero-exige-diputacion-contrate-forma-inmediata-vuelo-londres/494475.html



sábado, julho 11, 2009

vou estar en Vigo

salvo complicacións e se todo vai ben na viaxe chegarei o Xoves dezaseis (este Xoves que vén) á noite. Vou botar ata o Martes 28. Hai unha semana non tinha nen idea de cando ía ir por casa. Agora xa tenho o billete.