sexta-feira, janeiro 01, 2010

Tamén en Londres haiche moito infectado destes


Vaille mallado. Unha vez estando eu nun café en London Bridge comentaron que a Renee Zellweger estaba ao lado na rúa porque estaban a rodar un filme. Os clientes nen nos movimos, cona, se estiveran a dar cartos eu erguíame, pero para ir mirá-la bóa da muller... O caso é que as tres loiras que estaban a traballar no café sairon as tres.

Primeiro dia do ano


Fotos de Angel (EC1, N1) tiradas na tarde de hoxe hoxe dando unha volta coa bici. Estaba todo pechado agás un Starbucks, que estaba cheo de xente. A última foto é Myddelton Square. Voltou o frio.

quarta-feira, dezembro 30, 2009

Crazy Zombie King

Esta tropa chámanse Church of the Holy weirdo i ésta é a curta que apresentaron no Diary of the Dead Contest, o concurso de curtas de zombies do ano pasado. O premio consistia na proxección da curta ganhadora antes da nova entrega de George Romero, Diary of the Dead (2008). A de Crazy Zombie King non ganhou, mais foi a que máis gracia me fixo das que mirei. Penso que sómentes apresentaron o primeiro clip (inmediatamente abaixo) polo límite de tres minutos do concurso pero a historia continúa con alomenos tres partes máis, que ponho aquí abaixo.







segunda-feira, dezembro 28, 2009

choque de culturas


Non tenho palabras. Dísque é o video oficial.
Avisoume hai un intre o meu irmán que isto xa saíu nalgunha canle de TV en Espanha. Eu pensara que fixera un descobrimento :P
ACTUALIZACION: Atopei estoutro clip. De choque de culturas nada. Esto é información. Un mundo de información. A todo esto, polo 3:11, ese grupo de vecinhos a bailar seica ván tirá-la ponte abaixo.

domingo, dezembro 27, 2009

miren miren: Sen prexuizos e sen compromisos


Este anuncio aparesce en Hotmail cando ando a mira-lo meu correio. Suponho que está desenhado segundo os gustos do target, ou sexa as persoas ás que vai dirixido. A primeira impresión que me deu foi que era un anuncio de prostitución. O texto en cór branca muda cada poucos segundos: Sen prexuizos / Sen compromisos (por eso puxen dúas fotos). Cousa zafia de anuncio. O que pasa é que igual está ben feito para o cliente potencial, a xente que fai estas cousas do marketing saberá do tema. Seguro que están a partir o cú co riso. Minhanaequirida :P

sábado, dezembro 26, 2009

Nadal





The Sir Alfred Hitchcock Hotel está en Leytonstone, ollando para o Epping Forest. Fumos tomar unhas cervejas alí antes de ir á casa do Darren a cocinhar e a tocar a guitarra. Tinhamos unha xaponesa de prisioneira. Botei dous dias de acampada, cheguei a Angel hai un rato. O de tér bici cando non hai buses polo Nadal é unha cousa de sentirse ceive que da gusto.

quinta-feira, dezembro 24, 2009

O Nadal en London


Vou botar o Nadal todo en London. Atopei un traballo en Clerkenwell, unha base de datos dunha tenda, e o esencial e ponher as cousas a funcionar para cando a xente volva das ferias. A ver se podo escapar en Janeiro.
A foto é Piccadilly Circus, que cobriron a estatua de Eros con esa cúpula de plástico chea de bolas brancas de pvc para lle facer como que tén neve. Xa marchou o frio.