Mostrando postagens com marcador angel. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador angel. Mostrar todas as postagens

quinta-feira, fevereiro 24, 2011

Adrian Legg

Adrian Legg toca hoje aquí ó lado, tal como dí na lista de datas. Tal como anda o custe da vida non sei como poden vender estes tickets a seis libras nun gharito cun aforo que estou seguro non chega a setenta persoas. Como é natural nos locais que máis disfruto, este tamén tén a típica columna no medio para foder a visión do evento.





Aquí está, no medio da imagen. Tirei esta foto logo de rematar o hari.


quarta-feira, março 03, 2010

Martes con sol

Onte fixo un dia quentinho de andar de camisola de manga corta.


quarta-feira, fevereiro 17, 2010

Sol


En London inda no inverno, cada vez que sae o sol faise quentinho nún momento. Hoxe foi o caso. Penso que Londres tén lus a esgalla o ano todo. Esto é Angel, naturalmente. Ala afoderse.


terça-feira, fevereiro 02, 2010

Máis bicis


Mirei esta bici tan preciosa por Angel, non lembro onde exactamente.



Estas dúas tamén atopeinas en Angel. Son tan pequenas que na foto de abaixo puxen a minha, que non é especialmente grande, detrás para comparar o tamanho. Estas deben ir coma un tiro pola City.


sábado, janeiro 30, 2010

Marte coa Lua cheia

Tirado en Angel hai un rato. O ponto marelado na posición das dez horas respecto da Lua deberia ser Marte, dixéronme.

domingo, janeiro 03, 2010

Desaparece Borders


Era unha cadea que tinha 45 librarias en todo o UK con 1150 empregados. Ata hai menos de dúas semanas estiveron a vender todo a saldo, incluso as estanterías e as computadoras que usaban na tenda. O da foto é o do N1 center en Angel, que tinha dous andares, xa valeiros e có rótulo de fora a caer.
Este é o link ó site de Borders, mais sómentes hai unha páxina en branco:
--> www.borders.co.uk/

Semella que aquí inda hai actividade:
--> http://entertainment.borders.co.uk/home.dept


sexta-feira, janeiro 01, 2010

Primeiro dia do ano


Fotos de Angel (EC1, N1) tiradas na tarde de hoxe hoxe dando unha volta coa bici. Estaba todo pechado agás un Starbucks, que estaba cheo de xente. A última foto é Myddelton Square. Voltou o frio.

segunda-feira, dezembro 21, 2009

domingo, dezembro 20, 2009

Xeo criminal que mirei por Angel hoxe


A última foto non é de hoxe senón de onte a noite. Ese poster indica a entrada dos banhos dun bar en Whitechapel (o da foto é John F. Kennedy). Cheguei ao bar a medianoite. Mirei pola fiestra que escomezaba a nevar e boutou nevando tres horas. Tres horas que tiven que aghardar para coller a bici e marchar pa casa.

sábado, dezembro 19, 2009

Friaxe que nin diola pero hoxe fixo outro gran dia luminoso


Tirei tóda-las fotos en Angel (N1) hoxe có meu telemóbil.

segunda-feira, outubro 26, 2009

non puden evitar parar e tirar a foto


Mirei esas catro guapas onte cando ía na bici por Angel. Nada máis.

quarta-feira, outubro 14, 2009

Esto é un Ferrari?


Semella un turismo este carro que mirei na Pentonville Road en Angel, mais o cabalinho no coiso de meter as maletas é o da Ferrari (clickar na foto para ampliar). Non tiven tempo de lle mirar a parte de adiante. Así como abriu o semáforo o motor soába coma un Ferrari.

Corrección: Mirei no website da Ferrari e penso que vén sendo o Ferrari 612 Scaglietti.