terça-feira, novembro 16, 2010

Os pementos da miseria, ou Está prohibida a palabra «Galicia» para exportar?

Atopei estes pementos de Padrón nún dos supermercados da cadea Marks&Spencer no centro de Londres. Chamoume a atención a imaxe do touro na bolsa. Aquí no Reino Unido estou afeito a mirar imaxes similares en productos picantes típicos de Mexico, ou tamén do sul da Espanha. Mais cústame relacionala cós pementos de Herbón. Foi a escolha do importador? Igual saben moito de promoción e marketing e pensan que vai vender melhor se o identifican como un producto typical Spanish de touradas e gazpacho.


Nesta foto podemos mirar á dereita como utilizan un mapa de Espanha para situar Padrón perto de Compostela, i engaden outras cidades do estado como referencia.


A ver se metendo un papel branco na bolsa mírase melhor, sorry que non podo tirar melhores fotos có telemóbil. Enriba do touro en amarelo pódese ler: «1 in 30 has a kick» que quer dicir «1 de cada 30 pica». Logo de mirar a bolsa por diante e por detrás comprobo que a palabra «Galicia» non aparesce por nengures.


Esto é unha declaración de principios. Este texto remata así: «Enjoy! or as we say: Pimientos de Padron, que ricos son!”»
O texto vai en inglés porque é para vender no Reino Unido, máis o toque 'canhí' do aturuxo en castelán «Que aproveite! ou como nós dicimos: Pimientos de Padron, que ricos son!» dí moito do xeito de pensar.

Está prohibida a identificación dos productos galegos como tales para a exportación? Ou é que Casa Conde (a empresa que comercializa os pementos e suponho que quen decide o texto) pensa que vai vender máis presentando os productos galegos de tal xeito? Os británicos que conhecen Galiza saben das situacións históricas que crean diglosia, porque esto tamén acontece noutras partes do mundo.

Para esta empresa galega, Galiza non existe. Por que sinto verghonha cando miro para esta bolsa de pementos?



Aparte deso aquí en London todo ben pero vai un pouco de frio. Abur

quinta-feira, setembro 09, 2010

segunda-feira, julho 26, 2010

quarta-feira, junho 09, 2010

Kabuki

O Domingo pasado fun mirar o Kabuki no Sadler's Wells Theatre. Dúas horas e meia de varalle niponés pero moi bonito visualmente. Dende o poleiro de arriba mirábase ben, mais as fotos có telemóbel non se miran nada ben.
Así coma un cuarto dos asistentes eran xaponeses, e hainas que venhen có kimono todas elegantes, inda que facía calor.


segunda-feira, junho 07, 2010

Gran bombaso

Estou perfeccionando un xeito de onda-vital de grande poder para usar en Chuza. De momento estou en probas, mais cando a tenha lista nen dios se me vai pór de makeighan. Bombaso e rebento con todo.
Esto do bombaso tén un poder tan destructivo que mete medo pensar que os conhecementos para o implementar e detonar podan caer nas máns de alguén que non tenha a cabeza ben equilibrada.

Raposos de dia

Esto xa é o máximo: O outro dia mirei un raposo en pleno día. No centro de Londres en zona 1. Tireille a foto. Que pintinha tinha o probinho.