Mostrando postagens com marcador london. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador london. Mostrar todas as postagens

domingo, fevereiro 05, 2012

Neve

Onte á tardinha escomezou nevar. Era a primeira vez que neva este inverno. Para mín que houbo máis de cinco centímetros. E hoje temos esta desfeita na rúa, porque custa caminhar nela.



quarta-feira, setembro 28, 2011

Video Games na HMV Trocadero en Piccadilly




Esta última foto é Canary Wharf en E14. Vai moito calor estes días en London.


quinta-feira, agosto 25, 2011

London estes días






Esa separación entre os edificios é unha rúa con nome e todo. Observese que hai gente que pasa por ela para acceder ao restaurante que hai ao longe, pero cando vanhen de volta có bandulho cheio quedan presos atrancados e hai que chamar aos bombeiros voluntarios.

A mesma rúa con placa do rueiro.





sexta-feira, abril 29, 2011

Proba documental

Proba de como hoje en Angel (N1) non había referencias ao casamento ese, por se acaso os nodos que mirades na tv (que mira que vos ghusta mirar a tele, crimináis ostia), ou aCóz, ou calquera outra fonte de noticias que gostedes papar… conte que «todo paralisado en Londres polas celebracións e blahblahblah…»






segunda-feira, abril 18, 2011

W Wallace en Londres



Esta placa está en EC1, no muro que é a parte norte do St Bartholomew's Hospital, nunha rotonda na cara sul do Smithfield Market. Celebrando o «ejemplar heroismo» de Sir William Wallace, a súa condición de «patriota escocés», e o feito de loitar «na defesa do seu país». Ejecutárano nalgures por aquí hai máis de setecentos anos. Chámame a atención porque esto é en Londres. Sorprenderíame mirar algo similar en Madrid.


domingo, dezembro 19, 2010

aborrecendo esto



Aquí nesta última foto podemos apreciar a diferencia entre as rúas principais tratadas con sal, e as outras de patinaso. A verdade é que está resultando unha leria sómentes caminhar.


estou ata o caralho de todo esto



terça-feira, novembro 23, 2010

Repostador para carros eléctricos



Eso mesmo. Esta é a primeira vez que miro algo semelhante. Foi en Highbury & Islington, N1.

segunda-feira, novembro 22, 2010

Calzóns longos no Soho

A prepararse todo o mundo porque tal como mirei nesta tenda na Old Compton Street no Soho, volven os cueiros como cousa moderna. Por se acaso alghén tén destes na aldea :P

Ostras británicas

Comín unhas ostras británicas o outro día, non sei si escocesas ou doutro lado, no menú dicía británicas. Penso que eran 8 libras por media dúcia. E sabían.

domingo, novembro 21, 2010

Manda raio

Tirei esta foto para comprobar que non era unha alucinación. Este carro non está estirado con truco de photoshop. Foi o outro día un pouco máis abaixo de Piccadilly Circus. Ja lhes valeu, haha.

sábado, novembro 20, 2010

Cortáronme o cable de amarrar a bici

Saín dún bar en Whitechapel, estaba abrindo o candado da bici cando o cable que amarraba a roda de adiante ao cadro caiu. Cortáranno. Non sei se por vandalismo ao non poder abrir o candado duro (se o abres non precisas de cortar o cable), ou realmente estaban a piques de me pispiar a roda de diante cando saín do bar. Ahí está o cable cortado ao carón do novo mais ghordo e lustroso, que non é cable senón cadea e con chave. Vintaetres librinhas de nada. Esta cadea e o candado duro que non sae na foto custan tanto como un cuarto do valor da bici. Ja é suficiente.

sexta-feira, novembro 19, 2010

A neveira na terraza

O caseiro moveu a neveira para a terraza por mor dunhas obras na cocinha. Todo feito unha merda e total, imos tirar con ela. Como non hai sitio na outra e vai frio inda temos cousas nesta. Muda a percepción o de saír a colher un pemento na neveira esta. Sínto como que estou na composición da foto de portada dún disco de Pink Floyd.

segunda-feira, junho 07, 2010

Raposos de dia

Esto xa é o máximo: O outro dia mirei un raposo en pleno día. No centro de Londres en zona 1. Tireille a foto. Que pintinha tinha o probinho.

Aghora sí (fury)

 

Esto estaba exposto hai menos dún mes
 

sexta-feira, maio 21, 2010

O Barrabás e a súa banda Eklektric



Vou mirar a éstes hoje á noite no Comedy Cafe, en Old St. (EC2). Ao trompetista todos lle chamamos Lawrence, pero descobrín hai meses que o seu nome é Barrabás (en húngaro leva ún erre só). Conhecérano en Whitechapel, hai cousa dun ano. Mireino coa súa banda londinense facendo jazz-rock. Mais voltou vivir a Budapest hai pouco e agora vén de tour coa súa banda húngara.


terça-feira, março 16, 2010

Media hora antes de que se armara

Con este percal, vai alghén (eu sei quén foi) e lle abriu a porta a úns que estaban na percura dunha festa. Penso que eran de orixe xamaicana, inda ca eu non distingo ben. Dician que tinhan unha pistola, eu agora digo que non creo, pero no momento da cousa non tinha curiosidade nengunha de o averiguar. ala afoderse.


quarta-feira, fevereiro 17, 2010

Sol


En London inda no inverno, cada vez que sae o sol faise quentinho nún momento. Hoxe foi o caso. Penso que Londres tén lus a esgalla o ano todo. Esto é Angel, naturalmente. Ala afoderse.