sexta-feira, fevereiro 10, 2012

Miren este anuncio

Atopado hoje na rede.

Miren os idiomas. Logo tiren as súas consecuencias ou contradiccións.



letras de neve

A neve enriba do muro que temos de barreira, tentando de formar letras. I eu mirando de descifrar a mensage.


Esta sí que me deu un susto o outro día. A patata ou non lembro o que era, pero que mirei pa ela e pensei que era unha rata.


quinta-feira, fevereiro 09, 2012

A famosa picaresca espanhola segundo a Associated Press

Aparesceu hoje en jornais online este artigo cocinhado na Associated Press (AP).

Contan que na Espanha da crise e o desemprego os cidadáns tratan de denunciar falsos roubos para quitar cartos das aseguradoras, e que é un país cunha rica tradición de timadores pero que estes días leva unha situación máis desesperada…


o mapa

Úns aquí en Londres, que fan xuntanzas anunciando que o tema do grupo é Europa e os europeus, das que de tanto en tanto me chega algúnha notificación por estar alojados nun portal destes dos grandes que eu visito para mirar outras historias, decidiron ponher esta image no seu album online, e no website alguén se pregunta si é bóa idea usar tal image ou se se vai molestar alguén, e outro espabilado dí que provocadora é, mais que racista non. Está inspirada na campanha do vodka Absolut hai así como tres ou catro anos, onde amosaban un mapa onde Mexico lhe colhía un cacho aos USA.

Leva a marca de thePeoplesCube abaixo, así que fun mirar. Foron eles os que lhe meteran o texto da campanha de Absolut e a foto da gharrafa, mais o mapa colhéranno da rede, obviamente a chafalhada de mapa é obra dalgún elemento de extrema dereita. Inda pasei un rato entretido mirando o que tenhen posto en --> the people's cube