Mostrando postagens com marcador neve. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador neve. Mostrar todas as postagens

sexta-feira, fevereiro 10, 2012

letras de neve

A neve enriba do muro que temos de barreira, tentando de formar letras. I eu mirando de descifrar a mensage.


Esta sí que me deu un susto o outro día. A patata ou non lembro o que era, pero que mirei pa ela e pensei que era unha rata.


domingo, fevereiro 05, 2012

Neve

Onte á tardinha escomezou nevar. Era a primeira vez que neva este inverno. Para mín que houbo máis de cinco centímetros. E hoje temos esta desfeita na rúa, porque custa caminhar nela.



terça-feira, dezembro 28, 2010

auga fria

Esta geada toda é o mar dende o tren pasando pola ponte que une Malmö con Copenhague.

segunda-feira, dezembro 27, 2010

A vinte baijo cero e con neve a esghalha


Neve a tomar polo saco. Eu mirárao no termómetro exterior antes de saír da casa, pero os paisanos aquí aprendéronme que cando se forma geo no exterior das fosas nasais polo simple feito de respirar, eso quer dicir que a temperatura aproxímase a -20.

Moito frio, pero a gente sáe a rúa a ghastar os cartos porque estamos no Nadal e a natureza humana tén moito vicio de comprar.

Esta é a problemática que hai coas bicicletas.

Esto das bicis é moito problema.


Esto é un lago.

O mesmo lago de diola. Tenho que liscar deste sitio ja.


domingo, dezembro 19, 2010

aborrecendo esto



Aquí nesta última foto podemos apreciar a diferencia entre as rúas principais tratadas con sal, e as outras de patinaso. A verdade é que está resultando unha leria sómentes caminhar.


estou ata o caralho de todo esto



quinta-feira, janeiro 07, 2010

Cunchas de Vieira


E xeo criminal. Tenho que ir polas vías principáis con gran tráfego. Como vaias polas rúas pequenas e bonitas atopas esto. Por aquí baixaba eu como un campión ata hai unhas semanas. Agora baixas esvarando para o cemiterio. Inda caminhando pola acera está a caer xente ó chan.

segunda-feira, dezembro 21, 2009

domingo, dezembro 20, 2009

Xeo criminal que mirei por Angel hoxe


A última foto non é de hoxe senón de onte a noite. Ese poster indica a entrada dos banhos dun bar en Whitechapel (o da foto é John F. Kennedy). Cheguei ao bar a medianoite. Mirei pola fiestra que escomezaba a nevar e boutou nevando tres horas. Tres horas que tiven que aghardar para coller a bici e marchar pa casa.

sábado, dezembro 19, 2009

Friaxe que nin diola pero hoxe fixo outro gran dia luminoso


Tirei tóda-las fotos en Angel (N1) hoxe có meu telemóbil.

sexta-feira, dezembro 18, 2009

neve e sol

Esta manhá fixo un día precioso. Así como liscou o sol escomezou a nevar a modo outra vez, e inda segue.
Merda que non merquei voo con antelación e agora cós billetes de avión ben por riba dos 300€, e na meirande parte dos casos sen prazas libres, nen cara nen barata, todo apunta a que vou pasar o Natal en London. A ver se podo apanhar un voo para o 29 ou así. Xa me pasara hai catro ou cinco anos, que polos mesmos motivos tiven que botar a festa de Natal aquí.

quinta-feira, dezembro 17, 2009

neve


Nevou un pouco onte, inda que sen aguantar no chan. Hoxe houbo solcinho a manhá, mais agora que tinha que sair está a nevar outra vez (non se mira a neve caendo na foto que tirei co telemóbil) e semella que vai ficar na estrada. Collo a bici ou non?