sexta-feira, dezembro 31, 2010

Armando Blanco no pleno municipal de Teo

Estou escoitando os audios nesta ligazón ao blog «La Comarcal», que descubrín via Chuza. Tenho curiosidade por saber se os seus votantes son conscientes do jeito que este senhor utiliza nos plenos ou se o ejemplo dos audios é unha excepción desafortunada.

Pero dende a emigración tenho que dicir que sinto morrinha, porque estas personagens son tan típicas coma unha postal desas de rapazada diante dun cruceiro. Había que facer unha compilación desta especie endémica galega para comprender como conciben a cousa pública e as institucións.

Por certo, estiven a mirar en Google sobre o home en cuestión, e paseino ben lendo esto.


terça-feira, dezembro 28, 2010

auga fria

Esta geada toda é o mar dende o tren pasando pola ponte que une Malmö con Copenhague.

segunda-feira, dezembro 27, 2010

A vinte baijo cero e con neve a esghalha


Neve a tomar polo saco. Eu mirárao no termómetro exterior antes de saír da casa, pero os paisanos aquí aprendéronme que cando se forma geo no exterior das fosas nasais polo simple feito de respirar, eso quer dicir que a temperatura aproxímase a -20.

Moito frio, pero a gente sáe a rúa a ghastar os cartos porque estamos no Nadal e a natureza humana tén moito vicio de comprar.

Esta é a problemática que hai coas bicicletas.

Esto das bicis é moito problema.


Esto é un lago.

O mesmo lago de diola. Tenho que liscar deste sitio ja.


quinta-feira, dezembro 23, 2010

berrando como porconsinhos




Esta última foto é un pasatempo no que hai que apanhar a bicicleta achantada na neve.

Esto está moi ben porque sómentes estamos a -15. Dín que antes de que chegara estaban a -23.

domingo, dezembro 19, 2010

aborrecendo esto



Aquí nesta última foto podemos apreciar a diferencia entre as rúas principais tratadas con sal, e as outras de patinaso. A verdade é que está resultando unha leria sómentes caminhar.


estou ata o caralho de todo esto