Mostrando postagens com marcador cable. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador cable. Mostrar todas as postagens
sábado, novembro 20, 2010
Cortáronme o cable de amarrar a bici
Saín dún bar en Whitechapel, estaba abrindo o candado da bici cando o cable que amarraba a roda de adiante ao cadro caiu. Cortáranno. Non sei se por vandalismo ao non poder abrir o candado duro (se o abres non precisas de cortar o cable), ou realmente estaban a piques de me pispiar a roda de diante cando saín do bar. Ahí está o cable cortado ao carón do novo mais ghordo e lustroso, que non é cable senón cadea e con chave. Vintaetres librinhas de nada. Esta cadea e o candado duro que non sae na foto custan tanto como un cuarto do valor da bici. Ja é suficiente.
segunda-feira, março 01, 2010
A cousa dos cables do teléfono
Hoxe tivo que vir o técnico da BT (a Telefónica británica) a nos mirar o teléfono que non funcionaba e a internet tampouco, e achamos que a casa estaba chea de cables de linhas vellas que non habia xeito de seguilas nen có maquinillo ese que as vai cheirando cando van achantadas.
O pior foi que tivo que fuchicar nunha caixa de conexión que estaba detrás dun roupeiro no meu cuarto. Así estaba logo de traballar nel.
O pior foi que tivo que fuchicar nunha caixa de conexión que estaba detrás dun roupeiro no meu cuarto. Así estaba logo de traballar nel.
Assinar:
Postagens (Atom)