Mostrando postagens com marcador bike. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador bike. Mostrar todas as postagens

sábado, setembro 22, 2012

quarta-feira, março 30, 2011

Zombie bike


Con esa pintinha há ser unha variante das ghost bikes. Esta zombie bike estaba ahí posta en Pall Mall, un pouco máis abaijo de Piccadilly Circus.

sábado, novembro 20, 2010

Cortáronme o cable de amarrar a bici

Saín dún bar en Whitechapel, estaba abrindo o candado da bici cando o cable que amarraba a roda de adiante ao cadro caiu. Cortáranno. Non sei se por vandalismo ao non poder abrir o candado duro (se o abres non precisas de cortar o cable), ou realmente estaban a piques de me pispiar a roda de diante cando saín do bar. Ahí está o cable cortado ao carón do novo mais ghordo e lustroso, que non é cable senón cadea e con chave. Vintaetres librinhas de nada. Esta cadea e o candado duro que non sae na foto custan tanto como un cuarto do valor da bici. Ja é suficiente.

terça-feira, fevereiro 02, 2010

Máis bicis


Mirei esta bici tan preciosa por Angel, non lembro onde exactamente.



Estas dúas tamén atopeinas en Angel. Son tan pequenas que na foto de abaixo puxen a minha, que non é especialmente grande, detrás para comparar o tamanho. Estas deben ir coma un tiro pola City.


quarta-feira, junho 24, 2009

a todo esto merquei unha bici

Foi hai máis dunha semana e de puro impulso. Agora vou feito un kamikaze por London. Con temperatura veraniega incluso á noite esto é un deleite. Tamén apanhei un casco ecuestre, que non gosto dos cascos eses deportivos que son os que tén todo quisque.