domingo, dezembro 19, 2010

aborrecendo esto



Aquí nesta última foto podemos apreciar a diferencia entre as rúas principais tratadas con sal, e as outras de patinaso. A verdade é que está resultando unha leria sómentes caminhar.


estou ata o caralho de todo esto



segunda-feira, dezembro 13, 2010

A ridícula terminologia da UEFA para se referir á Galiza

Entre a UEFA, a Federación Espanhola de futbol, ou alghún ente autonómico vai estar a origen deste nojo. Miren como o site oficial da UEFA, a União das Federações Europeias de Futebol, fai referencia (independéntemente da língua de escolha no site, portuguesa incluida) a equipa da Galiza na información da Taça das Regiões: «gallega».
Via chío do colazo en Chuza!, que liga a outra nova en espanhol na que inciden no seu particular ridiculismo.



domingo, dezembro 12, 2010

outro marciano pintado

Cando andaba por Brick Lane no post inmediatamente anterior a este, atopei outro marciano pintado.

war on terror

Mirei en Brick Lane (E1) que estaban a vender este jogho de mesa sobre o «War on Terror». As balaclavas son passa-montanas, para ir en concordancia coa image do terrorista.


Había tempo que non miraba tomavistas destes de super8.

quinta-feira, dezembro 09, 2010

Catalan required


Este anuncio estaba na website de ofertas de emprego www.reed.co.uk (ún dos populares). Son dous mundos aparte, no que respecta a autoestima Catalunya e a GZ. Cada quén que quite as conclusións. Eu vou quitando as minhas. Fora de Espanha a gente identifica actitudes que son conhecidas dabondo porque acontecen noutras partes do mundo i en distintos momentos da historia.

Pois eso, adicado a todos eses cipaios: gracias por facer que eu valga un pouco menos cada dia.