quarta-feira, setembro 28, 2011

Video Games na HMV Trocadero en Piccadilly




Esta última foto é Canary Wharf en E14. Vai moito calor estes días en London.


sexta-feira, setembro 23, 2011

Os que lhe fan o video a Rajoy son esquimáis?

Ou tuareg, porque non saben absolutamente nada da GZ. De saberen algo nunca se lhes teria escapado o dato. Pois meteron no video do PP un mapa que inclúe a GZ irredenta e unha bandeira coa estrela vermelha. Eu non me tería decatado, pero clickando na foto mírase ben porque ja me encarghei eu de que se mire. Trátase dun mapa editado polo partido independentista e comunista galego NóS-UP en 2005. Hai que ser ben panoco. Pero o que interpreto é que cando se trata de Galiza, o PP lhe fai o encargo a calquera, inda que non tenha nin idea, porque non importa.


Este é o video. A image en cuestión aparesce entre os 43 e 48 segundos. Máis información en Galicia Confidencial.


domingo, setembro 18, 2011

Conachán outra vez [NMNT]

Que alegría que o conachán volve estar operativo. Inda que cós contidos que leva non parece probabel que vaia durar moito desta volta tampouco =D

Lémbrome desto --> XirArEi



quarta-feira, setembro 14, 2011

quinta-feira, agosto 25, 2011

London estes días






Esa separación entre os edificios é unha rúa con nome e todo. Observese que hai gente que pasa por ela para acceder ao restaurante que hai ao longe, pero cando vanhen de volta có bandulho cheio quedan presos atrancados e hai que chamar aos bombeiros voluntarios.

A mesma rúa con placa do rueiro.





sábado, agosto 06, 2011

Rumores de que fraga está en coma

Levo nonseicantos anos escoitando o conto de que Fraga vai velho… que a ver canto dura, que lhe queda pouco… Hai varias horas que aparecen rumores de que está en coma pero non atopo confirmación na prensa. Hai cousa de dúas semanas tanto o Faro como aCóz comentaran que non ía asistir á Festa do Albarinho deste ano. Sería a primeira vez que falta.

Pero hoje publicaron esto n'aCóz. Dín que non vai vir a GZ este verán e usan a expresión «delicado estado de saúde»

Actualización: Pois parece ser que non estaba en coma --> elmundo.orbyt.es/2011/08/07/