domingo, fevereiro 05, 2012

Neve

Onte á tardinha escomezou nevar. Era a primeira vez que neva este inverno. Para mín que houbo máis de cinco centímetros. E hoje temos esta desfeita na rúa, porque custa caminhar nela.



quinta-feira, janeiro 26, 2012

Despacho vigués de investimento financieiro revoluciona a linguage de comunicación web

BrOkeRs eSpeciAlizadoS, coma se fora o nome dunha banda da movida dos oitenta. A policía de Vigo segue a buscar aos pérfidos que enganaron a esta bóa senhora, á que lhe cobraron pola criación do sitio web do seu despacho de investimento financieiro i entroques lhe fixeron esta barrabasada para que todo quisque bote a risotada. Estas cousas non se fan.





Eu penso que esto saíu dunha sóa persoa, un caso destes de levar a idea de ún mesmo ata o final, porque non me imagino que un grupo ou equipa poidera chegar ata estes extremos. O site aposta por tonos atrevidos e o uso de texto en cursiva ou incluso maiúsculas para criar slogans contundentes e revirados ao mesmo tempo, dos que hai ahí arriba varios que seleccionei nos que se pode clickar para comprobar o que digo. A navegación en linha, sen menú, pasas as cinco páginas unha detrás da outra para ligar outra vez coa primeira… as fotos, e a canción bilinghue (inglés e francés) tamén en bucle porque cando remata escomeza outra vez :P todo converte a visita a este site nunha experiencia despampanante.

Miren miren --> CristinaDeAndres.net e suban o volumen do chintófono para escoitar a canción de marras, da Celine Dion con outro ghicho que non sei quen é.



segunda-feira, janeiro 23, 2012

A coz desafía á Xunta e sinala a mafia corrupta que tenhen montada cós fondos europeus

Neste clip con data de onte e saído dun chiringhito dependente do tinglado jornalístico mediático que máis cartos públicos (nosos) leva, e que conta coa colaboración de grandes paiasos nos seus editoriáis para a defesa do nacionalismo (espanhol) e apoio a organizacións do entorno tangalhego… pois neste clipe amosan a ponta do iceberg de ún dos crimes do caciquismo que a gente non se decata do grande que é: O dos fondos europeus. O caso é que eu estou seguro que a Cóz tamén mama aquí e chupa na casa, ou seja que deben andar a pelexar cós da Xunta, pero non penso eu que vaia estoupar nada que moito precisan tanto o ún do outro como viceversa. Espero que en Bruxelas se decaten que son cartos que van para redes clientelares e supriman as ajudas, porque agás os catro que rouban, os demáis imos caíndo máis para abaixo.



Entereime desto por un egonauta que avisou --> aquí


terça-feira, janeiro 17, 2012

Esta gente non pode trabalhar na GZ

Segundo o que contan nesta nova, para a justicia espanhola a GZ é unha merda. Porque impón juices que non se molestan en aprender a língua. Pode alguén cesar os juices como esa que sáe na nova? Vaia categoría moral a dos magistrados que toman o cargo e non se molestan en aprender galego. Pero ben que se molestaron en quitar a carreira e chegar a juices. Quen os defende? Quen é o responsable?

Eu como cidadán tenho que pandar con esta merda? Porque esta justicia i estes juices son unha merda que non quero sofrir.


domingo, dezembro 18, 2011

Spanish Empanada

Hoje levei unha pequena sorpresa cando nun mercado en Brick Lane mirei un posto onde vendían empanada. Mireino igual que na foto, ahí có cartel anunciando o prezo.

Estiven mirando o coiso un intre, para confirmar que non había referencia nenghunha á GZ, o digo porque punhan empanada, tortilha (omelette) e paelha de estandartes da espanholada. Era un posto de comida typical Spanish. Sen confirmar se a empanada é tradicional na Espanha, a que se mira nas fotos semelhábame talmente empanada galega) ja a tinha mirado a mesma cousa en Londres con outros productos tal que --> aquí. A GZ é unha merda. Vouno pór máis grande OES A GALIZA É UNHA MERDA. Agora aprendede a dicir: Galician Spanish empanada




quarta-feira, dezembro 07, 2011