Mostrando postagens com marcador islington. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador islington. Mostrar todas as postagens

sexta-feira, abril 29, 2011

Proba documental

Proba de como hoje en Angel (N1) non había referencias ao casamento ese, por se acaso os nodos que mirades na tv (que mira que vos ghusta mirar a tele, crimináis ostia), ou aCóz, ou calquera outra fonte de noticias que gostedes papar… conte que «todo paralisado en Londres polas celebracións e blahblahblah…»






quinta-feira, fevereiro 24, 2011

Adrian Legg

Adrian Legg toca hoje aquí ó lado, tal como dí na lista de datas. Tal como anda o custe da vida non sei como poden vender estes tickets a seis libras nun gharito cun aforo que estou seguro non chega a setenta persoas. Como é natural nos locais que máis disfruto, este tamén tén a típica columna no medio para foder a visión do evento.





Aquí está, no medio da imagen. Tirei esta foto logo de rematar o hari.


quarta-feira, março 03, 2010

Martes con sol

Onte fixo un dia quentinho de andar de camisola de manga corta.


sábado, dezembro 19, 2009

Friaxe que nin diola pero hoxe fixo outro gran dia luminoso


Tirei tóda-las fotos en Angel (N1) hoxe có meu telemóbil.

sexta-feira, dezembro 18, 2009

neve e sol

Esta manhá fixo un día precioso. Así como liscou o sol escomezou a nevar a modo outra vez, e inda segue.
Merda que non merquei voo con antelación e agora cós billetes de avión ben por riba dos 300€, e na meirande parte dos casos sen prazas libres, nen cara nen barata, todo apunta a que vou pasar o Natal en London. A ver se podo apanhar un voo para o 29 ou así. Xa me pasara hai catro ou cinco anos, que polos mesmos motivos tiven que botar a festa de Natal aquí.

quinta-feira, dezembro 17, 2009

neve


Nevou un pouco onte, inda que sen aguantar no chan. Hoxe houbo solcinho a manhá, mais agora que tinha que sair está a nevar outra vez (non se mira a neve caendo na foto que tirei co telemóbil) e semella que vai ficar na estrada. Collo a bici ou non?