Mostrando postagens com marcador whitechapel. Mostrar todas as postagens
Mostrando postagens com marcador whitechapel. Mostrar todas as postagens

terça-feira, março 16, 2010

Media hora antes de que se armara

Con este percal, vai alghén (eu sei quén foi) e lle abriu a porta a úns que estaban na percura dunha festa. Penso que eran de orixe xamaicana, inda ca eu non distingo ben. Dician que tinhan unha pistola, eu agora digo que non creo, pero no momento da cousa non tinha curiosidade nengunha de o averiguar. ala afoderse.


domingo, dezembro 20, 2009

Xeo criminal que mirei por Angel hoxe


A última foto non é de hoxe senón de onte a noite. Ese poster indica a entrada dos banhos dun bar en Whitechapel (o da foto é John F. Kennedy). Cheguei ao bar a medianoite. Mirei pola fiestra que escomezaba a nevar e boutou nevando tres horas. Tres horas que tiven que aghardar para coller a bici e marchar pa casa.

sábado, novembro 28, 2009

Panel de anuncio escarallado en Whitechapel


Este panel de vídeo xunto da estación do metro de Aldgate East estaba así hai dous días. Mírase a mensaxe de erro (Windows Product Activation) có típico aspecto do Windows de Microsoft. Válelle de publicidade para a companhía.