segunda-feira, novembro 22, 2010

Calzóns longos no Soho

A prepararse todo o mundo porque tal como mirei nesta tenda na Old Compton Street no Soho, volven os cueiros como cousa moderna. Por se acaso alghén tén destes na aldea :P

Sobre Galiza e o negocio eólico

Sobre a importancia do negocio eólico galego para as companhías internacionáis atopei esto i esto. Na segunda delas atopei o link www.investingalicia.com. Naturalmente, esta páxina do IGAPE está en castelán, como é usual para os asuntos que a Xunta considera sérios e non folklóricos de romería.

Cústame crer que a expectación internacional non se traduza en rendibilidade direita para o país.

Ostras británicas

Comín unhas ostras británicas o outro día, non sei si escocesas ou doutro lado, no menú dicía británicas. Penso que eran 8 libras por media dúcia. E sabían.

domingo, novembro 21, 2010

Postal dende Nippon

Miren a postal esta que entrou no correo da casa, para a minha companheira de piso japonesa, haha. Todo o que vén do Japón é moi currinho.

Windows no Mac

Puxen Parallels Desktop 6 no meu Mac porque precisaba de usar o MS Office en Windows. Desktop 6 permíteche criar espacios virtuais (non particións) que na teoría emulan un hardware ou computadora independente, nos que podes instalar sistemas operativos que serían nativos para ese hardware virtual. Vaime como un tiro, e podo usar os dous OS's ao mesmo tempo inda que no lado do Mac tenha algo pesado como Ableton Live 7 con sintetizadores funcionando e todo. Cousas como Boot Camp non che deixan usar os dous OS's ao mesmo tempo. Agora sí que me sento animado a probar a instalar un Ubuntu porque nunca usei Linux. Logo de andar a fedelhar na rede para instalar un Windows XP crackeado (por esa merda non pago, faltaria máis), chequeando comentarios e claves caducadas, é un gusto mirar que as distros de Linux son legais e de balde. Mais terei que me papar a documentación.

Manda raio

Tirei esta foto para comprobar que non era unha alucinación. Este carro non está estirado con truco de photoshop. Foi o outro día un pouco máis abaixo de Piccadilly Circus. Ja lhes valeu, haha.

sábado, novembro 20, 2010

Cortáronme o cable de amarrar a bici

Saín dún bar en Whitechapel, estaba abrindo o candado da bici cando o cable que amarraba a roda de adiante ao cadro caiu. Cortáranno. Non sei se por vandalismo ao non poder abrir o candado duro (se o abres non precisas de cortar o cable), ou realmente estaban a piques de me pispiar a roda de diante cando saín do bar. Ahí está o cable cortado ao carón do novo mais ghordo e lustroso, que non é cable senón cadea e con chave. Vintaetres librinhas de nada. Esta cadea e o candado duro que non sae na foto custan tanto como un cuarto do valor da bici. Ja é suficiente.