Mirei en Brick Lane (E1) que estaban a vender este jogho de mesa sobre o «War on Terror». As balaclavas son passa-montanas, para ir en concordancia coa image do terrorista.
Había tempo que non miraba tomavistas destes de super8.
domingo, dezembro 12, 2010
sábado, dezembro 11, 2010
Os marcianos Space Invaders que mirei no centro de Londres
Mirára ún a primeira vez no Soho (W1). Non lembro se na Wardour, Dean, Frith, ou Greek Street.
Esto é na West Central St, WC1. Entre High Holborn e New Oxford Street.
Esto é na West Central St, WC1. Entre High Holborn e New Oxford Street.
quinta-feira, dezembro 09, 2010
Catalan required
Este anuncio estaba na website de ofertas de emprego www.reed.co.uk (ún dos populares). Son dous mundos aparte, no que respecta a autoestima Catalunya e a GZ. Cada quén que quite as conclusións. Eu vou quitando as minhas. Fora de Espanha a gente identifica actitudes que son conhecidas dabondo porque acontecen noutras partes do mundo i en distintos momentos da historia.
Pois eso, adicado a todos eses cipaios: gracias por facer que eu valga un pouco menos cada dia.
terça-feira, novembro 30, 2010
conachán
Esto é o conachán:
http://conachan.ch/
Seica éste avisou:
http://reidotoxo.tumblr.com/post/2050699152/pero-de-onde-hostia-saiu-iso-de-conachan-e-canto
E cheghou aquí, onde me enterei eu:
http://chuza.gl/story/conachan-o-4chan-galego
HAI QUE ESCOITAR O AUDIO PARA ESTA, SE NON NON TÉN GHRACIA
Unha mostra poderosa do que pode dar de sí esta arte: XirArEi
segunda-feira, novembro 29, 2010
Por que promoven a farsa do localismo cós aeroportos na GZ?
Levo cáseque 9 anos vivindo en Londres. Non tenho pánico a voar mais non me ghusta nadinha. Total que papo bastante avión. Como gostaría de tér un aeroporto próprio en Lavacoia pero con conexións (tren, bus) para toda a GZ, para non ter que molestar parentes cada vez que vou de Londres a Vigo. E que os voos a Londres foran ao aeroporto de Heathrow, porque tén estación de metro debaijo para conectar rápido e barato có centro de Londres. A linha da Ryanair voa a Stansted, onde sí, hai tren, pero o bilhete cústa moito máis. En tódalas grandes cidades que conhezo lévache máis dunha hora chegar ao aeroporto. Non comprendo quén distrae a opinión pública fomentando localismos que aspiran a tér un aeroporto internacional en Vigo e outro na Crunha. Esto (o link de ahí abaijo) saíu no Faro de Vigo hai dous ou tres días. Sorpréndeme a cantidade de comentarios encendidos apoiando o dereito de Vigho a tér vóos internacionais, pero non descarto que seja gente aproveitando para criticar formacións políticas pero que non saben das necesidades de quen usa os aeroportos a cotío, porque non fan sentido. Esta gente vóa? A Punta Cana, suponho.
Esta é a ligazón:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/11/25/caballero-exige-diputacion-contrate-forma-inmediata-vuelo-londres/494475.html
Esta é a ligazón:
http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2010/11/25/caballero-exige-diputacion-contrate-forma-inmediata-vuelo-londres/494475.html
terça-feira, novembro 23, 2010
Assinar:
Postagens (Atom)



