Hoxe hai un ano daquela manifestación organizada pola caverna do nacionalismo espanhol e atendida por algúns deses autóctonos mencionados nos últimos versos da terceira estrofa do hino galego. Sobre o papel dalghúns medios de comunicación na movida xa puxera eu este post daquela. Mais as fotos que serviron e inda hoxe sirven para ilustrar a historia seguen a me intrigar.
Agora hai que lle botar un ollo a esta de aquí a continuación.
Esta foto inda non saiu na Cóz. Esta sí que concorda coa asistencia que mirei eu ao vivo na webcam. Está tirada dende as escaleiras, onde está colocada a xente e pódese mirar o outro grupo diante do palco. Non tenho nin idea de quén a subiu á rede nen lembro de qué website a baixara eu nas minhas pesquisas nos días seguintes ó acto. Atopeina hai unha semana movendo documentos da computadora vella para a nova. Con este percal de asistencia, Pódense tirar fotos como as amosadas arriba?
Esto é unha actualización para copiar unha cousa que me comentou outro emigrado:
"Se lle fas un zoom a que está sacada dende diante con máis calidade, vese que se poden ver non xa o corpo de moitos dos que están ao fondo, senón tamén as pernas. Se houbera xente de verdade so se verían cabezas.
O truco é moi sinxelo: Xente arredor da praza, que fan de "marco"; uns poucos aglomerados diante, que son os que se ven na foto; e outros poucos facendo que enchen ocos. Nalgunha esquina ata case se poden contar as cabezas."
Penso que clickando na segunda foto (muller de branco falando no palco) e facendo zoom nela sí que se poden identificar tanto o grupo diante do palco como a xente que fai de marco nunha composición ben situada. Pódese ver a linha de xente pegada ás paredes nos lados e todo o mogollón erguendo os pasquíns ma man para facer bulto. Estou tentando de atopar unha foto da mesma concentración e non dou atopado nengunha con mellor calidade.









