sábado, setembro 19, 2009

Galiza Ceibe



Esto estaba escrito no mexadoiro do Foundry. Ou sexa que o atopei mexando de pé (eu). Verghonha me dá porque xa o tinha que tér escrito eu hai tempo.

sexta-feira, setembro 18, 2009

moroso


Esta tenda ou negocio en Clerkenwell non sei de que vai pero vaia nome que lle puxeron. E de cobrar, que?


Mira que ben posto o chiringhito.

segunda-feira, setembro 14, 2009

Estrano artefacto en Clerkenwell


A meio caminho entre un catramino e unha conacicleta mirei ahí atrás por Clerkenwell (EC1) este vehículo con propulsión a chatis e dirixido por un chinho, que non sei si era algo promocional ou unha despedida de solteira ou non sei qué carallo.


sábado, setembro 12, 2009

Tori Amos


Onte fun mirar esta ghicha no Hammersmith Apollo. Fun na bici, dende Angel ata Hammersmith, tres cuartos de hora dándolle (e outro tanto na volta).
Debo andar fora de onda que non me convenceu o hari. E nen sequera tocou as que molan. Pois a beber. A Tori Amos tocou acompanada dún chinho coa bateria e outro ghicho tocando as guitarras e baixos. Penso que exactamente o mesmo set que sae no clip do YouTube que ligo arriba, pero esa (Bliss) non a tocaron os mentecatos. Ela tocaba un tremendo Bosendorfer de cola.

non se mira nada nesta merda de fotos


domingo, setembro 06, 2009

The Foundry


Parece mentira. Ván pechar este sitio, ún dos emblemáticos de Shoreditch. Aparentemente queren tira-lo abaixo para facer un hotel. Hai un grupo sobre esto no Facebook.



Servíronme hoxe a Coronita (ou era unha Sol?) con doble cebo de lima. Tén aspecto de premio. Dixéronme que inda van estar abertos ata fin de ano. Mais non tenhen forza legal para parar a venda do edificio. Están buscando local por Hackney ou por onde haxa sitio. Mágoa que non vai ser no centro. Música excelente, sonido horrible que se escoita de pena. Este sitio mólame un mundo.