sábado, setembro 22, 2012

quarta-feira, maio 30, 2012

Endurecemento da Lei Corcuera

A efectos prácticos: se antes por levar un porro de marihuana no teu peto pola rúa caíanche 300 € agora a multa pasará a 3.000 €.
xuntanzaantiprohibicionista.wordpress.com/2012/05/30/endurecemento-da-lei-corcuera

terça-feira, maio 01, 2012

domingo, abril 29, 2012

O que fai a RAG por nós ou «from lost to the river»

Estiven mirando a movida do artigo «Vender Ceuta e Melilla» en GaliciaConfidencial e acho que confirma certas cousas que levo mirando que acontece na rede cando escreves en galego.
Primeiramente dicir que para mín o artigo é retranqueiro e inofensivo. Cando o lera antes de que se montara o círio nen se me ocorrera que en Ceuta ou Melilla se ían molestar. Nen sequera que se ían enterar. Pero alomenos un jornal ceutí apresentou a nova (máis ben a denunciou) provocando un aumento de visitas e comentarios en GC, que inda que fosen tres escrevendo a estronso, sendo de gente molesta por cuestionar a súa espanholidade e tratándose dún texto en galego, nun jornal en galego pois ja nos podemos imaginar o que había na ristra de comentarios. Esto é un claro caso de manipulación no que colhen un texto en galego e o traducen ao espanhol escondendo a retranca que originalmente tinha en galego para o vender literal, ao jeito daquela piada de «from lost to the river». Para se decatar hai que ser galego, que é algo distinto do que ser espanhol.

O asunto é moi concreto e non debería dar para máis pero para mín é un caso máis de como a RAG é unha ferramenta para facer do galego un dialeto inútil do espanhol. Cando usas a normativa RAG nunca sáes do universo espanhol i és un resultado das pesquisas en espanhol, e o teu público é gente que fala espanhol, e a vara de medir é o espanhol, i empregar o artigo para designar unha persoa (a María, o Daniel) non é apropriado, e se non sabes como lhe chamar a algo usas o termo espanhol, e calquera che ven a dicir que fales en espanhol… por riba de todo, os teus contidos son valorados dende o punto de vista espanhol. A projección internacional dos sites en galego RAG é a do jogo do Real Madrid o Sábado e a de pidir que rematen as obras do AVE para estar conectados con Madrid. A normativa dos que construen o mundo en espanhol mentras gostan de falar galego porque che son moi enxebres, mira tí. Porque nunha GZ autonómica o estado espanhol presiona para que non se permita máis galego que o inútil, para que a única opción seria seja o espanhol.

Eu non sei de normativas, aprendín a escrever coa normativa RAG, nen tenho claro o que é un reintegracionista. Pero logo de dez anos emigrado é coa internet como un medio básico para me comunicar, decateime de que sómentes con adoitar o NH, o LH, e usando o G ou J entroques do X, abandonas o universo espanhol e pasas ao internacional, onde vás dar con outros planetas e outras naves espaciais. A google non chos vai indexar na saca de espanhol… Os scanners en Ceuta non terían detectado o artigo de galiciaconfidencial, que ficaría no seu carreiro para seren accesado polo seu público, evitando o ruido de tanta transmisión en canal saturado.

terça-feira, abril 10, 2012

domingo, abril 01, 2012

quarta-feira, março 28, 2012

Despacho vigués de investimento financieiro revoluciona a comunicación e todo eso (II)

Hai dous meses falara do website deste despacho financieiro. Venho de descobrir que ten o anuncio na Praza de Espanha en Vigo. Miren o slogan.

ES NECESARIO SABER SIEMPRE HACIA DÓNDE SE ESTÁ YENDO. CON NOSOTROS NUNCA LO DUDARÁ.
Son uns cracks, hahaha.

Non se perdan o website --> Despacho vigués de investimento financieiro revoluciona a linguage de comunicación web




quarta-feira, fevereiro 29, 2012

Boia

Atopei unha gente da crew do Michel Teló, que estaban no 'roundmidnight. Este dicía ser o batería. O outro que me tira a foto cando eu tiro a minha non sei que fai pero tamén era da troupe. Tocaron dous días seguidos en Londres. Manhán marchan para Luxemburgo. Eran simpáticos pero se por min fora eu ao Michel Teló o metía na cadea mínimo 6 meses.


sexta-feira, fevereiro 10, 2012

Miren este anuncio

Atopado hoje na rede.

Miren os idiomas. Logo tiren as súas consecuencias ou contradiccións.



letras de neve

A neve enriba do muro que temos de barreira, tentando de formar letras. I eu mirando de descifrar a mensage.


Esta sí que me deu un susto o outro día. A patata ou non lembro o que era, pero que mirei pa ela e pensei que era unha rata.


quinta-feira, fevereiro 09, 2012

A famosa picaresca espanhola segundo a Associated Press

Aparesceu hoje en jornais online este artigo cocinhado na Associated Press (AP).

Contan que na Espanha da crise e o desemprego os cidadáns tratan de denunciar falsos roubos para quitar cartos das aseguradoras, e que é un país cunha rica tradición de timadores pero que estes días leva unha situación máis desesperada…


o mapa

Úns aquí en Londres, que fan xuntanzas anunciando que o tema do grupo é Europa e os europeus, das que de tanto en tanto me chega algúnha notificación por estar alojados nun portal destes dos grandes que eu visito para mirar outras historias, decidiron ponher esta image no seu album online, e no website alguén se pregunta si é bóa idea usar tal image ou se se vai molestar alguén, e outro espabilado dí que provocadora é, mais que racista non. Está inspirada na campanha do vodka Absolut hai así como tres ou catro anos, onde amosaban un mapa onde Mexico lhe colhía un cacho aos USA.

Leva a marca de thePeoplesCube abaixo, así que fun mirar. Foron eles os que lhe meteran o texto da campanha de Absolut e a foto da gharrafa, mais o mapa colhéranno da rede, obviamente a chafalhada de mapa é obra dalgún elemento de extrema dereita. Inda pasei un rato entretido mirando o que tenhen posto en --> the people's cube


domingo, fevereiro 05, 2012

Neve

Onte á tardinha escomezou nevar. Era a primeira vez que neva este inverno. Para mín que houbo máis de cinco centímetros. E hoje temos esta desfeita na rúa, porque custa caminhar nela.



quinta-feira, janeiro 26, 2012

Despacho vigués de investimento financieiro revoluciona a linguage de comunicación web

BrOkeRs eSpeciAlizadoS, coma se fora o nome dunha banda da movida dos oitenta. A policía de Vigo segue a buscar aos pérfidos que enganaron a esta bóa senhora, á que lhe cobraron pola criación do sitio web do seu despacho de investimento financieiro i entroques lhe fixeron esta barrabasada para que todo quisque bote a risotada. Estas cousas non se fan.





Eu penso que esto saíu dunha sóa persoa, un caso destes de levar a idea de ún mesmo ata o final, porque non me imagino que un grupo ou equipa poidera chegar ata estes extremos. O site aposta por tonos atrevidos e o uso de texto en cursiva ou incluso maiúsculas para criar slogans contundentes e revirados ao mesmo tempo, dos que hai ahí arriba varios que seleccionei nos que se pode clickar para comprobar o que digo. A navegación en linha, sen menú, pasas as cinco páginas unha detrás da outra para ligar outra vez coa primeira… as fotos, e a canción bilinghue (inglés e francés) tamén en bucle porque cando remata escomeza outra vez :P todo converte a visita a este site nunha experiencia despampanante.

Miren miren --> CristinaDeAndres.net e suban o volumen do chintófono para escoitar a canción de marras, da Celine Dion con outro ghicho que non sei quen é.



segunda-feira, janeiro 23, 2012

A coz desafía á Xunta e sinala a mafia corrupta que tenhen montada cós fondos europeus

Neste clip con data de onte e saído dun chiringhito dependente do tinglado jornalístico mediático que máis cartos públicos (nosos) leva, e que conta coa colaboración de grandes paiasos nos seus editoriáis para a defesa do nacionalismo (espanhol) e apoio a organizacións do entorno tangalhego… pois neste clipe amosan a ponta do iceberg de ún dos crimes do caciquismo que a gente non se decata do grande que é: O dos fondos europeus. O caso é que eu estou seguro que a Cóz tamén mama aquí e chupa na casa, ou seja que deben andar a pelexar cós da Xunta, pero non penso eu que vaia estoupar nada que moito precisan tanto o ún do outro como viceversa. Espero que en Bruxelas se decaten que son cartos que van para redes clientelares e supriman as ajudas, porque agás os catro que rouban, os demáis imos caíndo máis para abaixo.



Entereime desto por un egonauta que avisou --> aquí


terça-feira, janeiro 17, 2012

Esta gente non pode trabalhar na GZ

Segundo o que contan nesta nova, para a justicia espanhola a GZ é unha merda. Porque impón juices que non se molestan en aprender a língua. Pode alguén cesar os juices como esa que sáe na nova? Vaia categoría moral a dos magistrados que toman o cargo e non se molestan en aprender galego. Pero ben que se molestaron en quitar a carreira e chegar a juices. Quen os defende? Quen é o responsable?

Eu como cidadán tenho que pandar con esta merda? Porque esta justicia i estes juices son unha merda que non quero sofrir.