domingo, dezembro 25, 2005

a rosa estivo aqui



a rosa e a marta e o juan, pero xa vai mes e medio daquela


estas fotos quiteinas no clockwork, que esta perto de casa. a rosa apareceu disfrazada de vella.








aqui aparece o qaalfa facendose o ghracioso, pero foi humillado dialecticamente pola devandita que ia toda chea. inda que eu penso que xa non volve a vestir de vella endexamais na vida.








idilica estampa do juan e o qaalfa. penseino duas veces antes de ponhela porque logho sempre aparece alghun dromedario a imaxinar o que non hai.








tres semanas mais tarde e no clockwork outra ves. este e nico van ruth, traballou conmigho, ata que atopou un traballo mais decente, aghora axuntamonos para sair a beber





esta e denise, e de australia, non lembro o apelido porque non o ten tan sonoro coma o nico. e moi sinforosa, e fala un pouco o brasileiro, ou sexa que falamos ghalegho cando bebemos.


ando moi ocupado tratando de me por o dia con todo, pero si que sain tomar unhas canhas. londres ponse aghobiante no nadal. da parella esa aqui abaixo tan pintoresca, que son outros que tal bailan, falovos noutra.





estas duas fotos son esteticamente un pouco durillas


era a cena do nadal na minha empresa e pedian que asistiramos presentables (nada de vaqueros ou tenis). eu escollin esta camisa para combinar coa minha barba. e fun o ghicho mais cool de toda a merenda. tanto que asi que cheghei, sentouseme esta ghichinha ao meu lado a me falar.

como que era o ghico mais popular no restaurante, alghen suxeriu que podia xuntarme con este a montar un duo de cantantes de tipo melodico, para marulos. xa non sei como non nos puxemos a cantar ali mesmo. pero xa veras como para a cena do ano que ven xa deixan que vaiamos en vaqueros e tenis.




e todo ben. a upper st. estaba asi de aghradable o outro dia. ia un bo viruxe, estes dias non vai frio nenghun.


ala, o martes 27 collo o avion a labacolla. vemonos en vigho

bya

segunda-feira, dezembro 05, 2005

xa montei este chiringhito-blog







esta e a celebracion de que xa montei este chiringhito-blog para a exposicion das minhas elucubracions

vistos os emails que vos mandaba, esto do blog suponho que e evolucion natural, para mellor. fica aqui colghado na rede e o pode mirar quen quera cando lle pete. xa non tedes que descarghar arquivos adxuntos para mirar as fotos. mais penso que terei que vos por un email cada vez que ponha un post novo, seica ides esquece-la url.

quero que apreciedes esta ultima foto. fixena na noite do meu cabodano. non se mira nadinha pero ten unha brillantez que pasma. paseino como dios. o das fotos e basico. o bom de ter un telemobel-que fai-fotos e que sempre o levo conmigho, inda que son un fotoghrafo horroroso de dar pena. para contar as cousas que pasan seica somos nos pasando por elas. ala, quen quera deixar comentarios que fagha click aqui abaixo onde di comments. aqui vai un viruxe que mete medo. un saudo a todo o mundo.