sábado, julho 18, 2009

A merda de voar hoxe


Ryanair xa non che fai o “check in“, agora falo tí por internet e imprimes o cartón de embarque. O que antes era o mostrador de “check in“ agora é sómentes para deixar a maleta. Semella que vai ser máis rápido pero mirade que aspecto tinha a sá dos mostradores do aeroporto de Stansted este Xoves dezaseis. Está claro que traballamos nós para que eles reduzan persoal.

sábado, julho 11, 2009

vou estar en Vigo

salvo complicacións e se todo vai ben na viaxe chegarei o Xoves dezaseis (este Xoves que vén) á noite. Vou botar ata o Martes 28. Hai unha semana non tinha nen idea de cando ía ir por casa. Agora xa tenho o billete.

sábado, julho 04, 2009

Fábula da ghata e a raposa

Ou ghato e raposo, que non lles mirei o coiso. E nen é fábula nen nada. Onte pedaleaba na minha bici de volta para casa, a eso das duas e media da noite, cando dín con esta escena na area residencial que hai debaixo do Candem Passage en Angel (N1 no centro de Londres). A ghata e a raposa estaban ahí como esperando cada unha polo próximo movemento da outra. Parei e tirei estas fotos, non se mira moito porque non me quixen achegar inda máis, estaba a menos de 10m da raposa pero có telemobil semella lonxe. Non quixen usa-lo flash por se lles daba susto.

Mirara outro raposo comendo das bolsas do lixo na rúa cinco minutos antes no meu caminho en bici. Xa escoitara (ou lera) opinións sobre o crecemento da poboación de raposos no centro de Londres e semella que como andes a dar voltas de noite aparescen sen buscar por eles.