sexta-feira, janeiro 30, 2009

Non sei si é pola crise


Porque o outro día un ghicho saíu pola porta para fora, logo de colarse sen pagar, pasando entre as caixas neste gran supermercado en Angel (London N1). As alrmas pitaron, máis como estaba cheo de xente e tódo-los traballadores (os de seguridade incluídos) tenhen unha rutina que non lles deixa un minuto libre, pois que o ghicho saiu, e marchou. E o grupo de xente que o vimos quedamos alí parvos, incluíndo os traballadores, que non poden interrumpir o que están a facer por eso. Penso que todos botamos un momento a cavilar sobre o asunto.

segunda-feira, janeiro 26, 2009

A Coz de Galicia

Chámanlle A Voz de GaliciaA Coz de Galicia por cousas como esta, que xunto con esta outra, publicada ún día despois, dá unha idea das intencións (hai que lér os comentarios para ver de que vai a movida). E tamén polo que aparesceu hoxe no Apocalipse do Porco. Afoderse

quinta-feira, janeiro 15, 2009

os reis magos


Tinha que facerme con él. Escurrunchando na rede e tamén falando coa xente tanto en Londres coma en Vigo, non atopei ninguén que tivera unha versión do Ableton Live 7 (ou 6 ou 5...) crackeada para OS X de Mac (os de Windows non tenhen problema, hai cracks a esgalla). Qué contento estou. Cheguei de volta a Londres o pasado Mércores 7, logo de 15 días de esmorga non-stop en Vigo.