domingo, junho 24, 2007

a Rosa outra vez

tivo que vir a Rosa para presenciar a mellor noite no Troy bar. Normalmente non é tan bó. Por eso tiven que quitar o telemobil e ghravar esto

o Alan (o do saxo) traballa conmigo, i é un dos poucos normais, esa noite estivo inspirado, e os outros tamén







quarta-feira, junho 20, 2007

a festa en Hackney


o Marcus (o da esquerda, o da dereita é o Alan) editou un cd con Stacks_of_Stamina e vive con outros dous suecos e mais un canadiano, todos dj's. Fun á sua casa porque daban a festa co conto de que o Johan (con sombreiro) voltaba de nonseiqué xira polos USA. VAia rolLO, da "xira" esa ou "tour" non obtiven moito detalle.



a todo esto, ir só a Hackney e voltar ás tantas da manhá non é algo que me fagha ghracia, pero tampouco podo deixar de facer cousas por eso, xa abonda cás alarmas de bombaso que hai no centro



e pinchaban a música có iTunes, mais preguiza non se pode tér, mais o chiringhito estaba ben montado, tinha a impresión de que estaba nunha movida underground, caso de tér eu invitado xente a bailar á minha cocinha, pinchando do iTunes coa computadora enriba do microondas todo cristo diria que son un trapallas. Está claro que hai algo que fago mal.




Marcus deume unha copia do seu cd, hei agardar unhas semanas antes de escoitalo para evitar ser influenciado pola cantidade de hip-hop que puxeron esa noite

segunda-feira, junho 18, 2007

google bombing

a quén quera colaborar, clickeando neste link de aquí abaixo que dí tangallegocomoelgallego axudas a correxir un pequeno desequilibrio. O que importa é clickear, polas estatísticas de Google e todo eso:




tangallegocomoelgallego








a cousa

aquí






e sobre Google bomb

acó






sábado, junho 09, 2007

Eindhoven

non queria dicir que esto é outro casamento, porque xa fede. Xa casaron os dous con quen máis andaba eu en Londres, inda que esta parella xa levaba un ano vivindo aquí en Eindhoven.
Ela non queria un casamento con cea convencional e fixeron un xantar de pé a rillar de tapitas finas e copas. aGhaRrEi o cAgHaLLóN mAiS gHrAndE dA mInHa viDa.







con casamento ou sin él, era por ver a estes tres, que non os miraba dende Setembro













apreciade o contraste entre a conversa fina do inicio da festa no Van Abbe Museum Cafe (arriba), e o lercheo destas dúas así como van baixando as copas






hehe, qué listinho son. entrei nun coffeeShop e pedín 5€ do costo mais barato e déronme isto

sen outro fin ca o de investigación repetín outro dia e pedín algo mellor e isto foi o que me deron por 5€


Este é o Van Abbe Museum, que penso que vai de arte contemporánea, non estou seguro porque era noite e non se miraba nada




pero nada de nada