terça-feira, outubro 16, 2007

O comecocos AlienAttack

Seleccionáronmo como trebello destacado na web de Trebellos.org, por eso incluo aquí un xogo que botou a Rose, a minha companheira de piso neozelandesa para tirar coa minha visión de que esto era un xogo para rapaces (inda que tenhan máis de 30 anos). Era a primeira vez que xogaba (a cabrona), e pasou tódalas fases e chegou ó monstro final.

aquí a Rose cunha gran performance






atopei no YouTube este clip dun ghicho que fixo o mesmo pero con mellor calidade na imaxe




O meu iBook gz (edición limitada) non acada tanta atención pero tén o seu aquel




segunda-feira, outubro 08, 2007

toda a merda que hai


esto é o Gardian, de hai aproximadamente un mes. Podedes mirar que na portada recollen o lanzamento do novo ipod nano. Este trebellinho merdento que é bastante pior ca calquera dos de Sony é obxecto da atencion da prensa. O mesmo dia, o mesmo trebello aparecia tamén na portada de Vieiros


Esto si que é impresentable, queria coller unha revista de actualidade musical e dín cos fucinhos neste expositor de lixo: arriba, debaixo do NME (que non sei que merda amosaba), os fillos de puta de Kerrang ponhen os FooFighters na portada,



debaixo deles, outra revista que se chama Clash (!?) presenta na portada a... o ghichinho dos FooFighters, debaixo o MOJO có novo look de Liam Gallagher, aghora con melenita (e foto retocada). Á súa esquerda temos a David Gilmour (PinkFloyd) agarrando o mastil dunha Fender na portada do Word. Sómentes o WIRE (arriba) que non o tenho moi catado conserva o beneficio da dúbida. Mostra ao Robert Wyatt (o de Soft Machine) cas barbas brancas de vello. Velai a merda que nos meten. Éche mellor lér o Faro para se enterar do último en bandas




esta igual a miro, o filme sobre Ian Curtis, o de JoyDivision



ou non, porque estou farto de mitomanias. Esto non nos vai facer livres. Aparte dunha cuestión personal: merquei o meu primeiro disco de Joy Division cando tinha 17 anos e só porque me chamara a atención a portada, non os escoitara previamente nen ninguén me contara deles. Non tenho claro que precisemos dunha historia detrás