sexta-feira, abril 29, 2011

Proba documental

Proba de como hoje en Angel (N1) non había referencias ao casamento ese, por se acaso os nodos que mirades na tv (que mira que vos ghusta mirar a tele, crimináis ostia), ou aCóz, ou calquera outra fonte de noticias que gostedes papar… conte que «todo paralisado en Londres polas celebracións e blahblahblah…»






quarta-feira, abril 27, 2011

segunda-feira, abril 25, 2011

A Excalibur e o TNT

«En novembro de 1967, na aldea de Mouruás, concello de San Xoán de Río (Ourense), uns canteiros estaban practicando un dos deportes nacionais galegos: voar con dinamita penedos de castros.» Link para o texto en Capítulo Cero.




Calor


Vai calor estes días.


domingo, abril 24, 2011

Ourence

Carta de vinhos no taboleiro dun pub en London N1.


sábado, abril 23, 2011

O censo

Estou mirando a ver que pasa cando pós esto no censo que fan cada 10 anos no Reino Unido.


segunda-feira, abril 18, 2011

W Wallace en Londres



Esta placa está en EC1, no muro que é a parte norte do St Bartholomew's Hospital, nunha rotonda na cara sul do Smithfield Market. Celebrando o «ejemplar heroismo» de Sir William Wallace, a súa condición de «patriota escocés», e o feito de loitar «na defesa do seu país». Ejecutárano nalgures por aquí hai máis de setecentos anos. Chámame a atención porque esto é en Londres. Sorprenderíame mirar algo similar en Madrid.


sexta-feira, abril 08, 2011

Cabeza


Esto mete medo, e seica a música de fondo ajuda a crear esa atmósfera estrana. Quedeime có conto sen querer mirar si é falso. Dín ahí en inglés que sobreviven durante horas. Hai versións máis longas nos relacionados do YouTube.

quinta-feira, abril 07, 2011

Portugal já pediu ajuda a Bruxelas

Estou escoitando a radio (a BBC4) onde están a falar da petición de asistencia financieira solicitada por Portugal a Bruselas. Coma son analfabeto en cuestións financieiras estou atendendo a ver se aprendo algo.

Dín que a «ajuda» consiste realmente nun préstamo a un alto interés (5-6%) a devolver nun curto prazo. De calquera jeito o préstamo da UE é a opción máis barata. A cantidade andaría polos 80 mil milhóns de ouros

Esto aumentaria a débeda, que en última instancia tería que se pagar con impostos --> eu entendo que polos cidadáns e as empresas, con calquera cousa a gravar.

Tamén dín que para sair do burato, a economía do país tén que medrar, e para medrar tén que tirar cos obstáculos. Un obstáculo é a alta débeda, polo que o tal préstamo non semelha unha bóa idea. Dende que a Eire lhe fora concedido un préstamo similar non melhorou a súa situación.

Os comentarios da nova en público.pt non tenhen desperdicio.


sexta-feira, abril 01, 2011