quarta-feira, dezembro 30, 2009

Crazy Zombie King

Esta tropa chámanse Church of the Holy weirdo i ésta é a curta que apresentaron no Diary of the Dead Contest, o concurso de curtas de zombies do ano pasado. O premio consistia na proxección da curta ganhadora antes da nova entrega de George Romero, Diary of the Dead (2008). A de Crazy Zombie King non ganhou, mais foi a que máis gracia me fixo das que mirei. Penso que sómentes apresentaron o primeiro clip (inmediatamente abaixo) polo límite de tres minutos do concurso pero a historia continúa con alomenos tres partes máis, que ponho aquí abaixo.







segunda-feira, dezembro 28, 2009

choque de culturas


Non tenho palabras. Dísque é o video oficial.
Avisoume hai un intre o meu irmán que isto xa saíu nalgunha canle de TV en Espanha. Eu pensara que fixera un descobrimento :P
ACTUALIZACION: Atopei estoutro clip. De choque de culturas nada. Esto é información. Un mundo de información. A todo esto, polo 3:11, ese grupo de vecinhos a bailar seica ván tirá-la ponte abaixo.

domingo, dezembro 27, 2009

miren miren: Sen prexuizos e sen compromisos


Este anuncio aparesce en Hotmail cando ando a mira-lo meu correio. Suponho que está desenhado segundo os gustos do target, ou sexa as persoas ás que vai dirixido. A primeira impresión que me deu foi que era un anuncio de prostitución. O texto en cór branca muda cada poucos segundos: Sen prexuizos / Sen compromisos (por eso puxen dúas fotos). Cousa zafia de anuncio. O que pasa é que igual está ben feito para o cliente potencial, a xente que fai estas cousas do marketing saberá do tema. Seguro que están a partir o cú co riso. Minhanaequirida :P

sábado, dezembro 26, 2009

Nadal





The Sir Alfred Hitchcock Hotel está en Leytonstone, ollando para o Epping Forest. Fumos tomar unhas cervejas alí antes de ir á casa do Darren a cocinhar e a tocar a guitarra. Tinhamos unha xaponesa de prisioneira. Botei dous dias de acampada, cheguei a Angel hai un rato. O de tér bici cando non hai buses polo Nadal é unha cousa de sentirse ceive que da gusto.

quinta-feira, dezembro 24, 2009

O Nadal en London


Vou botar o Nadal todo en London. Atopei un traballo en Clerkenwell, unha base de datos dunha tenda, e o esencial e ponher as cousas a funcionar para cando a xente volva das ferias. A ver se podo escapar en Janeiro.
A foto é Piccadilly Circus, que cobriron a estatua de Eros con esa cúpula de plástico chea de bolas brancas de pvc para lle facer como que tén neve. Xa marchou o frio.

segunda-feira, dezembro 21, 2009

domingo, dezembro 20, 2009

Xeo criminal que mirei por Angel hoxe


A última foto non é de hoxe senón de onte a noite. Ese poster indica a entrada dos banhos dun bar en Whitechapel (o da foto é John F. Kennedy). Cheguei ao bar a medianoite. Mirei pola fiestra que escomezaba a nevar e boutou nevando tres horas. Tres horas que tiven que aghardar para coller a bici e marchar pa casa.

sábado, dezembro 19, 2009

Friaxe que nin diola pero hoxe fixo outro gran dia luminoso


Tirei tóda-las fotos en Angel (N1) hoxe có meu telemóbil.

sexta-feira, dezembro 18, 2009

neve e sol

Esta manhá fixo un día precioso. Así como liscou o sol escomezou a nevar a modo outra vez, e inda segue.
Merda que non merquei voo con antelación e agora cós billetes de avión ben por riba dos 300€, e na meirande parte dos casos sen prazas libres, nen cara nen barata, todo apunta a que vou pasar o Natal en London. A ver se podo apanhar un voo para o 29 ou así. Xa me pasara hai catro ou cinco anos, que polos mesmos motivos tiven que botar a festa de Natal aquí.

quinta-feira, dezembro 17, 2009

neve


Nevou un pouco onte, inda que sen aguantar no chan. Hoxe houbo solcinho a manhá, mais agora que tinha que sair está a nevar outra vez (non se mira a neve caendo na foto que tirei co telemóbil) e semella que vai ficar na estrada. Collo a bici ou non?

terça-feira, dezembro 08, 2009

Cantan a de Mazinger Z, éstes són uns cracks


Los parraleños, estes grandísimos ghevirulos sonche moito. Xa puxera a de Megadeth hai máis dun ano.

sexta-feira, dezembro 04, 2009

O curioso dalgunhas cousas que consideramos normáis

Quería dicir unha cousa a propósito da apresentación do libro de Iñaki Anasagasti mandando tralla contra a monarquía, i é simplesmente que é ben curioso que non se valore o feito de que a familia real espanhola non fale galego, unha das línguas co-oficiais do estado. Non hai que tér moita sabedoría ou espabilamento para se decatar do que esto significa. Gostaria de mirar a certos políticos tratando de explicar esto (que semella algo normal, de toda a vida), recorrindo a malabarismos dialécticos para que non quede de miseria.

segunda-feira, novembro 30, 2009

Puntualidade británica


De tér cheghado o tren-comboio ese das 18:48, seria visible á dereita da foto tomada no andén. Vaia viruxe que facía. No coiso pón que vai on time :P

domingo, novembro 29, 2009

Casio EX word dataplus 4


Esto non tén máis importancia da curiosidade que me deu cando lle mirei este trebello á minha housemate, que é xaponesa. Estes maquinillos seghen a ser moi populares no xapón, segundo dí ela. Non tenhen internet nen caralladas desas, máis tenhen diccionario en varios idiomas (con voz), podes gardar literatura neles (libros, os teus textos...) e non sei qué máis, aparte que pódes operar na pantalla usando unha mini-caneta destas. O bó é que é pequeno e resistente, o malo é que son carísimos, o prezo achégase ós €200, por algho máis xa mercas unha computadora portátil das pequenas, o que fai que ninguén en Europa quera gastar os cartos nun coiso déstes.

sábado, novembro 28, 2009

Panel de anuncio escarallado en Whitechapel


Este panel de vídeo xunto da estación do metro de Aldgate East estaba así hai dous días. Mírase a mensaxe de erro (Windows Product Activation) có típico aspecto do Windows de Microsoft. Válelle de publicidade para a companhía.

terça-feira, novembro 24, 2009

O cosmopaleto internacional


Original Video - More videos at TinyPic
Outro que dí que non ten nada contra o galego ata que alghén ponse a falalo diante dél. Conste que non sabia quén era este impresentable ata onte que comentaron esto en Chuza!. Espero que non volte a Galiza.
A reposta de “e que non temos máis tempo“ era a única saída. Chegho a ser eu o presentador da TVG e xa o botaba de alí chamándolle paiaso.

Hard commuting to Dunstable


Outra vez collendo o comboio en King's Cross ata Luton e logo bus a Dunstable. A facer estatística i esquemas có PLS. Estes andan a facer reconto da percepción do cliente da imaxe de tal companhía e blablabla... que figura máis presiosa na imaxe pero esto non hai quen o entenda. Sei que os meus xefes tampouco pero traballo que non falte.

sábado, novembro 21, 2009

Quero un ampli de guitarra a válvulas de 0.2 watios ou menos

Atopei unha información que tinha que tela atopado hai tempo. Nesta páxina de Amptone explican por qué un ampli de guitarra de 25W sóa alto coma ún de 50. Concretamente un 81% da tralla do que o de 50W. E tamén que ún de sómentes 5W peta como a metade do de 50W. Por eso cando lle baixaba o couso ó meu Marshall Anniversary de 100W a 50, ou incluso a 25W non se notaba diferencia.

Aquí no YouTube o incríbel Zvex Nano, de sómentes medio watio, pero que conectado a un altofalante de 12' sóa moi decente. Tamén tén unha merdinha de altofalante por se non hai caixa para conectar. Sei que os venden na Denmark St. en Vintage and Rare Guitars, mais custa £350 (€388!).
A outra opción seria facerse cós desenhos que seguro hai na rede e construilo tí, pero para eso non hai bolas, polo momento.

domingo, novembro 15, 2009

Pois nada...

A oficina da Confederación Espanhola de Caixas de Aforros (CECA) en Londres está situada en Waterloo Place, debaixo de Piccadilly Circus.

Ca eu saiba é o único caixeiro onde podes quitar cartos da túa conta na caixa de aforros que tenhas en Espanha (sen que che cobren). Se alghén sabe doutro caixeiro agradezo mo comunique. Esa alí abaixo é a minha bici.

Estiven tentando de abrir o portón esta manhán, pasando o cartón do banco no chirimillo para que se desbloqueara pero a cabrona non abría, ata que me decatei da mensaxe á esquerda.

Rogamos desculpen as molestias, rOgHamOs dEscuLpeN aS mOlesTias. Pois nada. Estes non saben facer outra cousa por motivos de seguridade que pechar o caixeiro á noite e a fin de semana enteira. Vir sómentes para quitar cartos e marchar de volta sabendo que tenho que voltar manhá Luns. A culpa é nosa por deixarlles.

terça-feira, novembro 10, 2009

O enigmático fotógrafo T. Enami


Esto é unha frikada. Pasáronme o link a este site onde contan que a finais do século XIX e comezos do XX o enigmático (esta palabra aparesce nas fontes onde mirei pero non fedellei o suficiente como para saber a razón) fotógrafo xaponés criou imaxes 3D (ou simplemente con efecto de profundidade) dos usos populares no Xapón do periodo Meiji. As fotos tirábalas con dúas cámaras para unha vez reveladas seren miradas cún estereoscopio. As dúas imaxes pódense combinar nún GIF animado.
Hai partes coloreadas a mán, por exemplo os paxaros marelos na ghaisa da dereita, pero é que na foto orixinal as chatis miden 37 milímetros! Canto mide cada paxarinho marelo?

Pódense mirar máis fotos clikando neste link a www.pinktentacle.com.



Máis desto


Logo do email supostamente do NatWest hai algo máis dunha semana, agora é o HSBC. Cando pós o rato enriba das letras en vermello click here to read, a barra de status indica que o destino do link é http://qingdaohuadian.com/flowers-for-china/greetings/IBlogin.html. Buáh que escarallo coa pena. O que me chama a atención é que nos dous casos o enderezo de orixe amosado no cabezallo do e-mail semella auténtico. Non me podo parar aquí que tenho máis que facer.


segunda-feira, novembro 09, 2009

Allos de Pontevedra



Estes allos mercáranos no Sainsbury's (gran cadea de supermercados) que hai no meu barrio (Angel, London N1). Son dos orgánicos. Mirei a etiqueta hoxe pola primeira vez. Pón que son producidos por Josefa López e o código PO6498 suponho que será Pontevedra. Mira tí.


domingo, novembro 08, 2009

Bicis vellas

Alguén me comentou sobre unha bici vella que atopara no faiado de nonseiquén e amosoume unha foto do becho. Deume a impresión de que tinha un aire setenteiro con esas rodas tan pequenas e o estilaso entre StarskyHutch e infantil. Agora estou mirando o mesmo desenho por Londres a cotío. Sempre é unha bici vella.


Esta non é como as anteriores. Chamoume a atención o cesto floripio.

Este é un blogue onde sómentes falan de bicis en plan fashion: London Cycle Chic. Hai cousas chulas, pero claro, sáeche o da bici máis caro que si mercaras un carro.

sábado, novembro 07, 2009

captcha en El Progreso/Galiciae


Esta foi a imaxe do captcha que me apareceu no formulario de enviar comentarios nunha nova no website de El Progreso/Galiciae. Debe escoller a boleo palabras do diccionario.

sexta-feira, novembro 06, 2009

Lord of fire


Cona de ghicho hiperactivo. O Cody celebrou Bonfire Night onte a noite ponhendo tódo-los petardos e benghalas a estoupar xuntos i él a andar polo medio tal que se mira na foto de abaixo. E logo foi alimentando o lume na leira da casa do Ben de xeito frenético, colléndo madeira da leira dos vecinhos e cheghando a coller un cacho do valado que debía ser tres veces o seu peso, houbo un momento no que pensábamos que o lume ía prender nas arbres do lado. Guy Fawkes Night celébrase o 5 de Novembro (remember remember the 5th of November) botando foghetes e foghos de artificio lembrando a tentativa (frustrada) en 1605 de rebentar o parlamento inglés con 700 millóns de toneladas de pólvora ou algo así achantados debaixo do edificio.

sexta-feira, outubro 30, 2009

phishing scam


Hoxe recibín un e-mail que xa estaba marcado como correo-lixo. Supostamente era do meu banco (o NatWest). Pedía que confirmara os meus dados de acceso (contrasinal). Cando clickei no link a páxina visualmente semellaba ser a mesma, mesmas iconas e todo eso. O pantallaso a continuación.

Mais na barra do enderezo podíase ler: http://www.tuxtla.gob.mx/portalciudadano/tgz_ordenamiento/DescripcionOrdenamiento/login.html
Cando visito a páxina do NatWest a url na barra do enderezo escomeza: https://www.nwolb.com/default.aspx...

Marqueino como phishing scam no Hotmail. Pero o que non me explico é que tal como se mira no primeiro pantaiaso, o remitente da mensaxe é National Westminster Bank plc (online-service-notification@nwolb.com). Esta copiado+colado da mensaxe. NWOLB é o dominio do meu banco, e xa mirei que o L non é un i maiúsculo para collerte a velas vir.

O termo phising (non confundir con fishing de pescar) refírese á tentativa de simular a páxina web do banco ou calquera outra cousa protexida por un contrasinal, para te enganar e facerte escribir a clave, e así entrarte na conta do banco con ela e levantarche-los cartos.

segunda-feira, outubro 26, 2009

non puden evitar parar e tirar a foto


Mirei esas catro guapas onte cando ía na bici por Angel. Nada máis.

quinta-feira, outubro 22, 2009

Sobre a páxina oficial do Xacobeo 2010

Alghén postou esto en Chuza. A páxina do Xacobeo2010 é esta: http://blog.xacobeo.es/, mais inda que ponhas www.xacobeo.es vás ir redireccionado a http://blog.xacobeo.es/, tal como se pode comprobar clicando nos links.

Tendo en conta o que explican aquí (penso que vale a pena clicar)... Será certo que a Xunta pagou 137.000€ por ela? Suponho que o custo iclue o mentenemento e actualización durante certo tempo.

domingo, outubro 18, 2009

The very best


Curiosamente e relacionado có post inmediatamente anterior a este: estiven có Marcus onte á noite e contoume que o Johan estase a facer popular coa súa banda the very best. Saiu en mogollón de medios no UK, maghazines e varios dos xornais grandes. Tal que aquí, aquí, e aquí.
Supóstamente e dacordo con Marcus eu conhézo ós outros dous componhentes de coincidir nas festas esas que falara no post anterior. Efectivamente lembro o africano do sorriso grande, mais o chichiflás francés non o tenho claro, vai un pouco disfrazado de barbudo na foto. Lembro moi ben a unha atractiva brasileira que segundo Marcus vén sendo Marina Gasolina.
E acho que esta manhán de resaca fún a Brick Lane na bici e na tenda da Rough Trade mirei o poster dos the very best anunciado de album do mes.

quinta-feira, outubro 15, 2009

Zucchini Drive

O Marcus Fredriksson traballou conmigo durante tres anos, máis de tres anos escravizados por úns impresentables. O Marcus montara primeiro Stacs of Stamina con Johan Karlberg e outro ghicho que non tenho claro quén era, pero sequro que andaba por estas festas que daban o Marcus e o Johan na casa que tinhan en Hackney.

O seu proxecto actual é Zucchini Drive, non conhezo a ninguén dos outros que aparescen no site dese chiringhito que é Marathon of Dope. Zucchini Drive vén de estrear on-line unha canción na que anuncian que canta Marina Gasolina (que non sei quen é). Pódese escoitar ou descarreghar de balde aquí.

quarta-feira, outubro 14, 2009

Esto é un Ferrari?


Semella un turismo este carro que mirei na Pentonville Road en Angel, mais o cabalinho no coiso de meter as maletas é o da Ferrari (clickar na foto para ampliar). Non tiven tempo de lle mirar a parte de adiante. Así como abriu o semáforo o motor soába coma un Ferrari.

Corrección: Mirei no website da Ferrari e penso que vén sendo o Ferrari 612 Scaglietti.


sábado, outubro 10, 2009

Concerto de facer ruido


Sotarrego do Foundry. O prato de ferro no chán xira xe lle dás co pé. E cantaba cando o chinho da Telecaster (penso que era unha imitación) punha a cabeza da guitarra (onde van as chaves de afinar) contra o ferro.

quinta-feira, outubro 08, 2009

hehehe


Cáeme ben este ghicho


quarta-feira, outubro 07, 2009

Voume facer unha camisola con esto


Aquí temos ún grande apacighuador que sabe como baixar o tono da conversa. Están os da ONU a lle pedir que vaia coa delegación para a franxa de Gaza a apacighuar a xente alá, de tan ben que o fai. Seica había risco de que alghén poidera crér que fora a dirección de chuza a que apaghara o meu comentario #6. Tinha que o tér asinado con algo máis ridículo como Ministerio da Governación de Chuza, que así non me tiraban das orellas. Suponho que facer referencia é a expresión empregada por un programador cando quér dicir suplantar ou impersonar, porque se non é así teria que entender que me están a dicir que non me podo dirixir a eles máis na vida.
O de engadirlle eso de “con calquera obxectivo“ penso que é un pouco enfático de máis. Ou igual son eu. O caso é que hai que andarse con moito ollo.

Ou tamén podería ser que ao consello de dirección de chuza lle pasara coma na piada de Lázaro-levántate-y-anda:
-“... entón Lázaro, cando Cristo falou... ergheuse resucitado... e andou
-“Andou no, a-n-d-u-v-o, parvo
-“Eso. Certamente que andivo algo parvo dous ou tres días, mais xa logo rapidamente púxose ben


Agora que o penso, sí que molaba facer unha camisola con esta mensaxe: