terça-feira, junho 30, 2009

O glamour da miseria

Tal que se mira nesta foto que collín de ElCorreoGallego: Ontronte, quen públicamente rexeita o termo 'Galiza' (ou sexa, este home) entregaba en calidade de Presidente da Xunta as medallas que levan o nome do autor de 'Sempre en Galiza', o mesmo que desenhara esto:


Miro para o evento de ontronte e vexo un triste exemplo do que eu non quero ser nen quero tér ó meu redor. Tenho que achar un xeito de me ganhar a vida (ou tér cartos) sen lle lamber o cú a estes tangallegos. Algo dos que cheghan a London i explican que na súa terra antes falábase galego pero agora falan castellano dá unha pouca pena, porque non se dán de conta que xa están identificados, porque eso pasa e pasou noutras partes do planeta, e sómentes hai unha razón para que pase. O que quera entender que entenda e o que non pois nada.

Unha cousa: O dito neste post non vai para os premiados.
por se acaso alquén se perde. A pasalo ben

quinta-feira, junho 25, 2009

Esta muller era de Sada

Maria Emma García Fernández morreu nunha colision (inda non tenho claro como aconteceu) cún camión do lixo no centro de Londres.

Estiveron postando sobre o accidente aquí (a partires do comentario #6 de Ale, o que escomeza: “I am very sorry to hijack this thread but...“). Ata o comentario #25, tamén de Ale, non se sabe da sorte da ciclista.

Contoumo Pharum Brigantium no seu comentario no post inmediatamente debaixo deste. Tinha que colle-la bici agora e tenho un couso no corpo.


quarta-feira, junho 24, 2009

a todo esto merquei unha bici

Foi hai máis dunha semana e de puro impulso. Agora vou feito un kamikaze por London. Con temperatura veraniega incluso á noite esto é un deleite. Tamén apanhei un casco ecuestre, que non gosto dos cascos eses deportivos que son os que tén todo quisque.




sábado, junho 20, 2009

Consumidores Vs Clientes

Onte era o lanzamento do novo iPhone3G-s e no UK a única operadora que o comercializa é o2. Sempre me chamaron a atención estes mataos que ván pasa-la noite facendo a fila na tenda Apple para seren os primeiros en mercar o trebello pero esto na tenda o2 de Angel chamoume máis a atención porque aquí os que estaban facendo a fila fora facíana contra a súa vontade e ademáis flipando. Mirade o cartelinho de marras na porta.

“Os clientes que non venhan mercar o iPhone esperade aquí ata que vos deamos paso“

Evidentemente “aquí“ significa “fora“, porque o cartelinho está na porta de entrada.

quarta-feira, junho 17, 2009

Concerto de Moby de sentados no Royal Albert Hall

De sentados o carallo. Esto era onte á noite o Royal Albert Hall con e sen luz


Este é o Moby e a da esquerda a cantante que lle facía as de gospel. Penso que non aparece nas imaxes a outra cantante, unha ghicha moi guapa cúns zapatos moi feos á que Moby se referiu un par de veces como 'Ms Kelli'. Non houbo moita electrónica. Era unha banda de batería, baixo, guitarra, sección de corda (dous violíns e un chelo) e piano. O Moby dixo que estaba inseguro porque era o primeiro hari do 'tour' e normalmente non escollen unha cidade grande para o primeiro hari.
Penso que o Moby é un ghicho que traballa con samples e maquinillos, porque as músicas da beira pop/rock parécenme moito máis febles ca as da corda máis electrónica ou esas nas que divulga esa regueifa afroamericana na forma de loops, non lle atopo nada especial pola banda rock, e nas lentas que canta a Ms Kelly eu pérdome. Inda por riba botou unha versión de JoyDivision (transmission) mallada da orixinal que non sei cal foi o obxecto de tocala. Hai que aclarar que os cachos do concerto que menos celebro índa mantinhan decencia sobrada.

Púxenme a grabar a xente erguida das cadeiras (eso sí, Qué poder tén o cabrón para facer que unha audiencia grande se ponha en pé así de súpeto cando estábamos todos sentadinhos) a bailar cando botou a música de TwinPeaks, mirade que xeitinho lle pón tocando as conghas. Comentou que estaba agradecido a David Lynch polo pulo que TwinPeaks lle deu á súa carreira. De feito todos identificámo-la música coa serie de tv, aquí convertida en tema de pista de baile, seica dixo que agora tócana segundo a versión que lle fixo un DJ, porque gosta dela. Grabei ata que me viu un ghicho da seguridade a me dicir que metera a cámara no cú (haha, non foi así de borde).

Polo cú sí que me daba a mín o que me dixeran, por eso quitei este outro cacho, moi corto porque quixen eu grabar un cacho pequeno, non porque non deixaran, porque eu fago o que me dá a ghana e tamén porque o de seguridade estaba ocupado perseghindo outra cámara. Aquí semella que está tocando na ghitarra o “whole lotta love“ dos pinkfloids de Led Zeppelin.


Tenho que dicir para seren honesto que disfrutei do concerto, sobre todo nas conhecidas onde a banda tocaba as cousas máis de bailar. O ritmo era poderoso e facía moita festa, como se pode comprobar nos dous clips. Igual o ghicho está aborrecido de todo eso e quere facer outras cousas máis de banda de rock. Tamén tén algo no xeito de falar có público que cria (digoo en serio) certa intimidade. Semella un ghicho normal que está probando as súas músicas a ver que tal resultado dán. Esto non tén máis valor ca unha impresión puramente persoal. Qué conto tenho e con todo sen facer.

sexta-feira, junho 12, 2009

Sangue na escaleira mecánica


ou igual é confitura de fresa dalgún porco ao que se lle caeu o pastel, pero dá mal jU-jU mirar esto cando subes nas escaleiras de diola.