sábado, janeiro 30, 2010

Marte coa Lua cheia

Tirado en Angel hai un rato. O ponto marelado na posición das dez horas respecto da Lua deberia ser Marte, dixéronme.

quinta-feira, janeiro 28, 2010

Tenho un colega con esta pinta


Descobrino no H&M que hai en Oxford Circus. Cuspidinho ó Marcus o maniquí este. Vai por ahí feito un ghrandísimo pinkfloyd o ghicho.

terça-feira, janeiro 26, 2010

Pódesme mirar a computadora?


Díxomo unha guapa no Tinderbox café. Seica queria ir ó banho deixando a computadora e a changhallada toda na mesa. I eu fiquei así, mirando.

segunda-feira, janeiro 25, 2010

Productos cataláns á venda en Londres que se identifican como cataláns


Esta tenda está na Old Compton St., no medio do Soho. Tén un aire a vello e venden cousas destas que antes traían os barcos: especias, café, té...

Este chocolate exposto dentro chamoume a atención por incluir o catalán no envoltorio. Moi identificable o apelido Coll e os títulos no cabezallo en catalán.

Respecto do uso do idioma non podo evitá-la comparación cós empresarios que temos na Galiza. Refírome a éstes do tipo clube financieiro de vigho, que xa podían ir tomar polo cú igual ca os dromedarios.

quinta-feira, janeiro 21, 2010

sábado, janeiro 16, 2010

A cuestión do software legal e o software de trapicheo (are you there?)


Are you there?
O Kevin esvaiuse e xa non houbo xeito de retomar o chat, como se pode apreciar no pantaiaso a continuación.

Estou comprobando que as ofertas que miro nas que o precio do Dreamweaver CS4 tén unha reducción de máis do 20% non son legais. Venhen na caixa oficial e cobertos có plástico, e poden funcionar ben, inda actívanse on-line sen problema, pero son licencias doutro país, ou son das que vinhan como complemento dalgún tipo de hardware e non son para a venda (OEM). En calquera caso o producto non está coberto pola garantía e o comprador está desprotexido caso que haxa problemas. Antes ca iso inda é mellor baixar software trapicheado do bit torrent que tanto lle fode á SGAE, como tén que ser, completamente de balde e sabendo o que estou facendo... e non pagando £200 a un trapicheiro que pretende non selo. Tenho claro que hai moita xente que vai por ahí toda chea pensando que mercou unha licencia de software... e sí, por aquí parriba.

sexta-feira, janeiro 15, 2010

Apple Store en Regent Street


Merquei unha computadora nova. Fun hai dous dias ó Apple Store de Regent Street, pegadinho a Oxford Circus.



Esta aquí arriba é a entrada do Apple Store.



Esta aquí é a mesma imaxe no cuadro Technology shop, de Isabel Lambourne. Obsérvese qué ben que captou o espírito anodino dos seres que pululan por alí dentro.



A cousa foi que botei un par de horas na tenda, e non contaba con mirar tanta miseria e tanta ignonimia xuntas. Un mogollon de xente nova e non tan nova, cún aire moderno que tiraba para atrás. Todos a face-lo parvo perdendo o tempo pintando a mona, a mirar o facebook nas computadoras expostas.

E mira que saían computadoras para fora, que vendían que era un deleite. Vaia máquina de facer cartos.

O rollo fino que levan na Apple non quita o marranismo: Esta tenda xa non che fai modificación nenghunha que non sexa a RAM do trebello. Se queres mercar unha computadora cún disco duro maior, eles véndencho mais non cho ponhen no cacharro. Tés que ir tí a outro obradoiro ou tenda a que cho ponhan (paghando tí). Ollo que non cho ponhen inda que vaias mercar unha computadora nova escollendo aumentarlle-lo disco duro tal como aparesce como opción no website para as compras on-line.

Todos estes pánfilos mirando a vida pasar diante deles. Pena que non tinha unha vara porque botábaos a todos fora a ver se deixaban de andar nos biosbardos.

sábado, janeiro 09, 2010

vodka


Non estou eu para excesos, pero se non hai cerveja sempre podemos pispar deste vodka. Non lembro quén nolo trouxera mais sei que trouxéranolo da Ucrania. Hai 6 anos deso porque non hai quen o beba de duro que é. Logo dún grolo desto podes beber o Absolut como se fora augha. Ahí vamos.

quinta-feira, janeiro 07, 2010

Así andaba Chuza! hai unha hora

Estes son os pantaiasos da portada, o fedello, e dunha das novas un pouco antes das 17 horas no horario do UK (unha hora máis no horario espanhol).

Cunchas de Vieira


E xeo criminal. Tenho que ir polas vías principáis con gran tráfego. Como vaias polas rúas pequenas e bonitas atopas esto. Por aquí baixaba eu como un campión ata hai unhas semanas. Agora baixas esvarando para o cemiterio. Inda caminhando pola acera está a caer xente ó chan.

quarta-feira, janeiro 06, 2010

Lourenzá

www.cope.es/de-la-costa/lourenza/09-09-09--punto-limpio-lorenzana-cambia-horario-apertura-82844-3

Pois Lorenzana. Como saído dun filme déstes de ParqueJurásico. Quen será o responsable desa redacción? Porque ésta é unha desas cousas que se fan por firmes conviccións ideolóxicas. Minhanaequirida. Curioso o couso arriba á esquerda dicindo que é unha versión beta :P beta peta. Como se lles importara.

terça-feira, janeiro 05, 2010

Pánfilo de Cuba


Este ghicho acadou popularidade mediática por mor desta intervención espontánea no medio dunha conversa sobre reaggaton para saír dicindo que o que se precisa é jama, comía. Naturalmente a anécdota é amplificada sobre todo nos medios anticastristas. Eu mireino hoxe por primeira vez, mais aparéntemente botárono na tv en Espanha hai meses.


Estoutro clip a continuación é real?


Oda ó Ms Powerpoint


As diapos ou montaxes gráficas có Microsoft Powerpoint son infaliblemente feas como a cona que as pariu. Dá igual quén as faga. Non hai xeito con esto.

domingo, janeiro 03, 2010

Desaparece Borders


Era unha cadea que tinha 45 librarias en todo o UK con 1150 empregados. Ata hai menos de dúas semanas estiveron a vender todo a saldo, incluso as estanterías e as computadoras que usaban na tenda. O da foto é o do N1 center en Angel, que tinha dous andares, xa valeiros e có rótulo de fora a caer.
Este é o link ó site de Borders, mais sómentes hai unha páxina en branco:
--> www.borders.co.uk/

Semella que aquí inda hai actividade:
--> http://entertainment.borders.co.uk/home.dept


sexta-feira, janeiro 01, 2010

Tamén en Londres haiche moito infectado destes


Vaille mallado. Unha vez estando eu nun café en London Bridge comentaron que a Renee Zellweger estaba ao lado na rúa porque estaban a rodar un filme. Os clientes nen nos movimos, cona, se estiveran a dar cartos eu erguíame, pero para ir mirá-la bóa da muller... O caso é que as tres loiras que estaban a traballar no café sairon as tres.

Primeiro dia do ano


Fotos de Angel (EC1, N1) tiradas na tarde de hoxe hoxe dando unha volta coa bici. Estaba todo pechado agás un Starbucks, que estaba cheo de xente. A última foto é Myddelton Square. Voltou o frio.