sábado, dezembro 20, 2008

Chego a Vigo o Martes á noite


Este Martes 23, e penso que chego bastante tarde. Puiden agharrar un billete de avión para Porto con Ryanair. Sómentes espero que o avión non escaralle igual que o monito que me fai a punheta por detrás me escarallou a composición da foto onte á noite. Hoxe non penso sair de casa. Dáme medo voar.

sexta-feira, dezembro 19, 2008

este vai sen título

Déronlle ó Elvis Costello un show feito por unha productora de TV nos USA. O programa chámase Spectacle, i é destes de falar cós convidados. Estano a botar na TV inglesa estes días.
Nesta ocasión o Costello entrevistaba a ThePolice, pero entroques de sentarse a falar cós tres integhrantes da banda ó mesmo tempo entrevistounos ós tres por separado, dez minutos cada ún. Penso que a conversa non valeu un duro, a botarse flores todos, e para máis inri non sei onde mirei que este ano ElvisCostello e ThePolice ván xuntos de xira, vaia contubernio. O Sting botou unha version bossanova do Roxanne coa guitarra espanhola. Tenho que resaltar o gran traballo dos estilistas que conseguen que estes dous veteranos tenhan unha imaxe moi actual e cúns pelinhos moi ben colocados.

VIDEO- arrecona, os espectadores atónitos. Admiren aquí á dereita a musica de marras que ghastan estes dous vellos: o Costello toca o seu clásico hit 'Allison' (NON É A DOS PIXIES, OLLO), e o Sting emociónase e pónse a ouvear de corista.


O dia seghinte á noite o mesmo show do Costello de cháchara có Elton John. Aquí a cousa era máis infumable, e ao Elton John non hai estilista que o salve. Entereime despois que é o productor do programa. Máis contubernio e clientelismo. Miráde-los dous de makeighans na foto da esquerda, bueno, non se mira moito porque o material gráfico deste post tireino coa cámara do telemóbil enfocando a pantalla da tele, pero xa vos digo que na foto están o Elton no piano e o Costello cantando de pé, mimá qué medo.


E hoxe mesmo atopei na tv ó Suggs, o cantante mesmo de Madness, con outro show de TV, esta vez feito no UK (chámase Suggs in the city). Pódese ver que o plató é un pub, que está no centro de Londres pero non lembro o nome. Este ghicho conserva certa decencia, pese a que o programa é outro varazo. Tenhan en conta que estas descripcións que fago son moi subxectivas, e poderia ser que estivera a me describir a mín mesmo, mentras me engano pensando que falo dos devanditos.




terça-feira, dezembro 09, 2008

segunda-feira, novembro 24, 2008

Un pouco chunga a cousa

Este individuo é o John Shearer botándome unha mán no asunto do software bloqueado. Como é de Newcastle (norte de Inglaterra) fala así que para dicir good luck, entroques de pronunciar 'gud lak' pronuncia 'guud luuk'. O software inda non pita, estou agardando por un código de activación que non dá chegado. Semella que non vou dar rematado a mestura de Lamatumbá a tempo, mais a peripecia ven sendo moi fructífera por cousas que inda non contei.

Esto foi o único que rendericei antes de que mo bloquearan.

sábado, novembro 15, 2008

bloqueáronme o software


caghontál, onte abrín a aplicación na que estaba a face-la minha mestura da música de Lamatumbá e a computadora botoume esta mensaxe. Xa non funciona, e levaba máis dún ano e medio sen problema. Pois claro que era unha copia de trapicheo, igual pensaban que vou pagar os €400 ou máis que vale legal, igual pensaban que os que o usamos somos todos DJ's e ganhamos cartos con él. Escoitara de xeitos que tenhen as empresas de software para bloquear copias piratas a través da internet, máis é a primeira vez que me pasa. Tenho que apanhar outra copia que non tenho nen doce días para que remate o prazo do de Lamatumbá.

quarta-feira, novembro 12, 2008

e outra


eu sigo atopándome música que mola por ahí adiante. Esto postárono en Chuza hoxe para pechar a emisión. Mellor non saber de quén é nen comprender qué dín nen de onde saíu a canción de marras.

domingo, novembro 02, 2008

neve a finais de Outubro


O Martes pasado a noite ía tal viruxe que escomezou nevar e non derretia no chan. Foi desaparecendo gradualmente o dia seguinte.


quinta-feira, outubro 30, 2008

quarta-feira, outubro 29, 2008

'A vida de Brian' en Touriñés (2parte)

Esta é a segunda parte desta homenaxe ó galego falado polo presidente da Xunta. Dician en Chuza que cousas como esta tamén se poden facer con algún do bloque como protagonista.

quinta-feira, outubro 16, 2008

Ben que o saben


Ben que saben os británicos o que é Catalunha e como se escriben os seus nomes. Estes libros estaban expostos no Borders (a cadena de librarias) de Angel N1.

sexta-feira, outubro 10, 2008

a voltas coa crise

Esto é o que hai estes días nos medios de comunicación británicos. O ghicho e as dúas paisanas que saen no Times semellan os mesmos que os de esta foto que sae en varios medios (neste caso puxen un link a Vieiros) ilustrando todo o contrario tres dias despois coa suposta euforia polas axudas da UE. Sobre todo logo de lér que nos dous casos son imaxes da bolsa de Frankfurt.

Mirei onte na tele un debate entre Obama e McCain. Sómentes falaban do seu compromiso para loitar contra Al-Qaeda (Obama rempetiuno un par de veces usando a expresión "to crush Al-Qaeda"), e dos efectos da crise nos USA. Nún país tan grande, con tanto lobby e cúnha fame de recursos tal que tenhen que meter os fucinhos en todo o mundo, que os políticos expliquen as cousas a un nivel entendible por un rapaz de 8 anos faime ver o debate como algo de pouco valor. Sómentes podo empatizar máis ou menos cós candidatos. O Obama semella un tipo normal, e o McCain ténme un aire e un falar de alcalde do rural galego, deses de toda a vida. Sómentes lle faltaba o escudo do RealMadrid na garavata. Mais esto non quere dicir que sexan mellores ou piores. Eu penso que pouca diferencia vai haber porque o que ganhe as eleccións vai estar preso dos intereses creados e todo eso.



E vaia calorcinho que vai en Londres estes días. Dá gusto.




quarta-feira, outubro 01, 2008

esto xa era o último que faltaba

xa non chegaba con estar no paro que nos ven visitar a miseria mesma. Tivemos a estes dous fillos de puta na cocinha durante tres dias, ata que a xaponesa asasinounos unha manhán antes de ir traballar

terça-feira, setembro 16, 2008

Megadeth Megadeth Megadeth

estaba fedellando en chuza cando alguén postou o link a esto:

quarta-feira, setembro 03, 2008

Tirei esta foto cando agardaba pola entrevista

Agardaba pola entrevista nunha axencia na city, e de momento non me chamaron, raio.

Fún logo un rato á estación do Eurostar (os comboios que van polo tunel a París e Bruselas), en King's Cross. Chámase Saint Pancras train station. Mólanme as marquesinhas.





domingo, agosto 31, 2008

3108 (blog) Trinta-e-ún-de-Agosto

Seica hoxe é o día do blogue. Pois vale. Pero xa tenho dabondo que facer como para me pór a lér toda a trangallada sobre o asunto.



sábado, agosto 30, 2008

Lóstregos


Vaia treboada onte á noite (toda ata a manhancinha de hoxe). Pasáronme estas dúas fotos tiradas dende un edificio xunto da rúa Pino en Vigo. Pódese ver como mallan no Morrazo, capital do HeavyMetal. Seguro que en Barra alguén botou o mellor polbo da súa vida.


Tamén foi admirable o calibre dos pedrolos de saraiba. A experiencia en Pontevedra aparece documentada nestoutro blogue. Mola a foto dos pedrolos e o telemóbil para facerse unha idea do tamanho dos chuzos.

quinta-feira, agosto 21, 2008

Ofertan un posto de espia ou axente secreto

pasei pola oficina de emprego e atopei esta oferta de traballo. Logo de le-la penso que é para un posto de axente secreto porque non especificaba que houbese que saber de química. Faltaba que puxeran que habia que saber peghar tiros con pistola e tér un certo saber estar porque tamén hai que ir a restaurantes finos a cear con xente de aspecto interesante mais que poderian ser axentes inimigos moi perigosos.

domingo, agosto 10, 2008

Queimando a computadora enviando CV's

Así que o Venres mesmo fun cear á casa do Qaalfa en Candem a que me contara sobre as empresas que precisan xente que escrebe VBA-Excel e outras cousas.
Pero tamén estaba o Takahiro, que contou rindo que tivo unha entrevista de traballo que lle saiu de pena, e tan pancho. Cando os pais rematen coa paciencia ou cós cartos para mantelo xa verás como tira con esa filosofia de: "eu para entrar a traballar nún estudio de desenho de pret-a-porter destes de merda, mellor paso. Non podo tirá-lo meu tempo". Moito lle resbala calquera cousa que lle digamos.
O caso e que xa lle mirei unha saia que desenhara en Viena, unha cousa coma recortar un traxe de noiva e facer unha minisaia con moghollón de volumen que me pareceu preciosa. E a camisola que leva nas fotos, fixérana a sua namorada, leva unha cenefa ou algo cosida en vertical por diante e foi pintada a mán. Estivemos toda a cea a lle facer caso a él, e sentoume ben esquecer do meu por un rato.

sexta-feira, agosto 08, 2008

estou sen traballo dende hoxe

Agradezo as mensaxes de apoio e celebro especialmente as dos que non se cortan nadinha.




quinta-feira, agosto 07, 2008

Black Cherry

Para esquecer deso que lle contaba ao Takahiro hai dous posts, fun o Xoves a Hoxton Sq. a mirar un hari dúns que se chaman Black Cherry que conhezo porque o batería é o namorado dunha que traballaba conmigo. Este era (penso que) o primeiro concerto dende que actuaran en Glastonbury hai mes e pico.


A marca que me pintaron na mán no gharito para confirmar pagho non marcha. Xa van 24 horas e duas duchas, pero mola.


domingo, agosto 03, 2008

qué muller!






xa está ben, a mín o que me mola musicalmente é esto:

festa pOp, unha elucubración sobre a lingua empregada no clip aparecida neste blogue provocou unha gran confrontación entre isolinos e reintegratas, que se pode mirar aquí.


sábado, agosto 02, 2008

chat có Takahiro

With Taka at home

Con este ghicho non hai xeito.