domingo, setembro 03, 2006

O casamento en Uppsala


Estas son as fotos do casamento da Jessica e o Tomas, na pequena vila de Danmark, que non é en Dinamarca, senon preto de Uppsala, en Suecia. Esto foi en Setembro. O tempo marabilloso.




A cena foi na casa comunal da vila, que está diante da eirexa, atravesando a estrada.


Esto é un momento no que se estaban a contar chistes e inconveniencias.


Contáronme que nesta eirexa cantara no coro o Linneo, que non sei se foi filósofo ou teólogo ou sexa que sería ámbalas duas cousas.



O dia seghinte houbo "brunch" no mesmo sitio (a casa popular multiusos) e apertura pública dos reghalinhos. Eu estaba escarallado.



Esto é un exemplo de feismo sueco: a parte de abaixo apanhada con ladrillo.


A estación de tren de Uppsala está no centro da cidade, e sorpresa: hai que atravesar as vias. Cando ven un tren, soa a campana e todo o mundo apura o paso.