segunda-feira, abril 30, 2007

Traballar xunto a tumba de William Blake


William Blake's grave
Originally uploaded by xel.

Talmente que baixei da oficina para mercar algo de xantar, e cando atravesava o cimiterio que hai a poucos metros (todo cheio de xente fina da City sentada nos bancos disfrutando do sol e do entorno verde) mirei que alí mesmo estaba a tumba do devandito autor de "The Doors", que logo inspiraria o nome da banda californiana. Alghén deixara flores e todo.

Ao final todos imos ao mesmo sitio