sábado, novembro 24, 2007

Extremismo nacionalista

Aghora que todos mirástedes a nova de que Escocia poderia independizarse do Reino Unido núns poucos anos, deberiades mirar tamén o tratamento que a prensa inglesa fai da nova. Aquí enriba o Guardian titula "Cómo será o Reino Unido sen Escocia?"
Se alghén pensou que ía atopar unha análise seria vai aviado/a porque tenho máis que facer, o que non precisa de análise nenghunha é o tono empregado.
onde están os aiatolas da balcanización? onde están os líderes políticos británico a foder con mensaxes de crispación e terrorismo? chegha a ser en Espanha e xa tinhas aos de sempre amenazando con outra guerra civil, :p que me escarallo.
estes aiatolas estaban conmigho a mirar esta exposición de fotoghrafia, e tamén discutimos o asunto. abur

a foto da espera

quiteina cando agardaba o inicio do show de stand up comedy (ou sexa, que un ghicho/a conta chistes ou historias nún bar). Non habia sitio cando cheghei e tiven que sentar nas cadeiras de diante, esto pode ser perigoso porque arríscaste a que pases a participar no chiste se o artista así o considera. Penso que esto é a razón do dramatismo da foto, que foi tomada cún efecto deses que che venhen no telemobil (solarize, que non sei o que é).


sábado, novembro 17, 2007

o anuncio do hippy a dar a murga nas vinhas

tamén lle chamou a atención a este ghicho, que semella tér outro talante. Ponhendo de manifesto a falta de seriedade nos meus posts. Por eso este blog é unha merda, porque a mín o único que me gusta é facer o hindio.

domingo, novembro 04, 2007

A publicidade catalana contra as campanhas No-do/pelegrin e a miseria de sempre

Non sei a quén vai destinado este anuncio que mirei no metro de Londres: "non temos hippies a dar a murga nas nosas vinhas porque logo non hai xeito de botalos"
E remata cá frase "Dende California, pero non 'esa' California" (suponho que para que non os identifiquen cá California dos hippies, drogas e R&R). A única explicación que se me ocurre é que éstes decatáronse de que en Europa os viticultores son tradicionalmente xente moi conservadora (e moitas veces fachas perdidos raiando no criminal) e suponho que están a copiar o estilo, porque outra lóxica non lle vexo á campanha.

Haiche xente moito máis espabilada. Esto é o Guardian, ou mellor dito, ún dos múltiples suplementos que dán có xornal na fin de semana (concretamente a pasada). A pouco de abrir o suplemento aparesce esta nova sobre o proxecto do novo estadio do FC Barcelona (traballo de Norman Foster). Observo que aquí non hai confusión cós nomes. O Camp Nou é de sobra conhecido, pero podería ser un nome máis complicado (por exemplo Josep Lluis) que o ían escribir ben igual (a os cataláns non lles tocan as bolas coma a outros).


Pero máis adiante atopo este anuncio de Canon, a doble páxina no que se pode apreciar unha bandeira aproximadamente no centro da imaxe.

A bandeira é evidente para o leitor, mais non se aprecia tanto nas fotos que tirei, por eso incluo estoutra imaxe na que se vé mellor.

Cada quén que tire as suas proprias conclusións. A presencia de Catalunha nos medios internacionais deixa en cueiros a cousas coma esta: mais semellante ó estilo usado para promocionar Galiza, cheirinho a No-Do e a sensación de estar pedindo algo. Apareceu no mesmo suplemento.

Hai ano e medio merquei esta bolsa de ensalada nun supermercado no centro de Londres. E poderia seguir un rato pero xa chegha.

Pola outra banda aquí (hai que ser sosio do facebook para miralo) tedes un exemplo de auto-odio en Facebook: semella que hai xente da Galiza, que fala inglés, e que non sabe que galego/a en inglés díse Galician. O de 'I am gallego' é de pena. Estaría disposto a moito antes de me ver relacionado con algo así, polo arrepío que dá.