domingo, agosto 09, 2009

Penso que DictaSMS non tén dereito a facer esto




A locución de DictaSMS entra cando non podo contactar con alguén cando chamo dende o meu móbil Vodafone. Do mesmo xeito que entraba a mensaxe da contestadora, agora seica entran éstes dicindo que deixes a mensaxe. DictaSMS transcríbeo e o envia ó destinatario na forma de mensaxe de texto. O caso é que che cobran igual. Probeino (obligado) no Nadal, para descobrir que se deixaba-la mensaxe en galego non era procesada e un par de minutos despois recibia un txt de DictaSMS informando que a mensaxe non fora enviada e que non me cobraban.
O Martes 28 de Xullo deixei a mensaxe que se pode mirar nas fotos arriba. CORRECCION: deixara máis ou menos esa mensaxe pero en galego. Estaba para entrar a bordo do avión de Ryanair en Lavacolla e decidín facer unha chamada, mais a contestadora de DictaSMS colleume por sorpresa (suponho que a xente non está agardando que a chames cando che dá a tí a ghana) e non sabia que mensaxe deixar, non quixen deixar mensaxe en castellano ou sexa que cáseque falei para mín mesmo, seguro de que a mensaxe nunca seria enviada.
Realmente as fotos amosan a mensaxe que recibín eu de DictaSMS confirmándome o envio da chafallada esa traducida cordialmente ó castellano. Escapóuselles a palabra “fala“, que permanece en galego, o guión baixo logo de “Porque estoy en una fila“ debe querer dicir que ahí dixen algo que non colleron, suponho. Inda non falei có destinatario, a saber qué raio pensou ó recibires eso. Asumo que cobraron do crédito no meu cartón.
Estou tentando de comprender. Por que traducen a minha mensaxe? Pode unha empresa operar na Galiza ignorando a língua galega? Penso que DictaSMS non tén dereito a facer eso. Non sei se contactalos, pero non ando sobrado de tempo, non me parece normal. A ver que fago con esto.

sábado, agosto 08, 2009

xa non lles presto atención



Porque xa abonda de mirar raposos cando vou na bici polas noites. Este último das fotos inda por riba púnha posturitas mirando para mín. Evidéntemente está afeito a que a xente lle bote comida.

sexta-feira, agosto 07, 2009