terça-feira, março 16, 2010

Media hora antes de que se armara

Con este percal, vai alghén (eu sei quén foi) e lle abriu a porta a úns que estaban na percura dunha festa. Penso que eran de orixe xamaicana, inda ca eu non distingo ben. Dician que tinhan unha pistola, eu agora digo que non creo, pero no momento da cousa non tinha curiosidade nengunha de o averiguar. ala afoderse.


sábado, março 13, 2010

Neil Young & Devo: My My, Hey Hey


Esta hai que escoitala antes que a volvan apaghar do YouTube, que logo non sei onde atopala. Penso que esto pertence ó filme Human Highway.


sexta-feira, março 12, 2010

sexta-feira, março 05, 2010

Na NASA saben como se escreven as cousas

Ou alomenos ponhen Pobra do Caraminal, Galiza, Spain nunha das páxinas do seu site, concretamente no terceiro parrafinho aquí: www.nasa.gov/vision/universe/watchtheskies/28sep_strangemoonlight_prt.htm. Imaxino que é o enderezo proporcionado polo autor da foto.
Collino deste chío en Chuza.


O problema ortográfico

Alghén corrixiu a mensaxe no banho do Foundry dende a última vez que a mirara hai xa meses. Mudáronlle-lo B da palabra ceibe e lle meteron un v enriba.


quinta-feira, março 04, 2010

ThreeToFour by OutputArts at TheFoundry: Agardando que chova

Vai estar ata o Domingo. Puxeron na terraza do edificio do Foundry unha arpa con catro cordas de baixo e unha pastilla como as das guitarras eléctricas. Movidas polo vento, o sinal xerado envíase abaixo ao sotárrego (hai que baixar unhas escaleiras un pouco así), que é unha vella cámara acorazada de cando aquelo era un banco. As cordas están xa afinadas para producir algunhas das frequencias resonantes da cámara, onde o sinal é amplificado e unha proxección amosa unha cór que vai mudando segundo o sonido. Sunponho que todos temos mirado cousas similares pero a mín estas movidas sedúcenme.


Contáronme os do Foundry que cando chove a cámara énchese de música celestial. Así coma mire que chove collo a bici e chego alá en sete minutos.

ThreeToFour está explicado (en inglés) aquí no site de OutputArts.


quarta-feira, março 03, 2010

Martes con sol

Onte fixo un dia quentinho de andar de camisola de manga corta.


segunda-feira, março 01, 2010

A cousa dos cables do teléfono

Hoxe tivo que vir o técnico da BT (a Telefónica británica) a nos mirar o teléfono que non funcionaba e a internet tampouco, e achamos que a casa estaba chea de cables de linhas vellas que non habia xeito de seguilas nen có maquinillo ese que as vai cheirando cando van achantadas.
O pior foi que tivo que fuchicar nunha caixa de conexión que estaba detrás dun roupeiro no meu cuarto. Así estaba logo de traballar nel.