domingo, fevereiro 28, 2010

Esta é a paisaxe urbana no UK

A que miro eu por todas partes. Esas casinhas con eses tellados i esas chemineas, dende hai cento cincuenta anos polo menos. Son como de clase traballadora, porque logo tamén son igual de características as outras, as finas. Esta de aquí abaixo semella unha mestura. A foto con neve non é de agora, tireina hai dous meses.


Andar na bicicleta a diario revéntache os pantalóns

talmente


segunda-feira, fevereiro 22, 2010

Décima Víctima - Tan lejos


Non existen (a dia de hoxe) na wikipedia, nen no iTunes, e no YouTube sómentes hai un par de clipes onde se poda mirar a banda actuando pero a súa música está disponible coas imaxes ou ca montaxe que lle quera facer o usuario que sube o clip. Escollín este pola calidade do sonido. Moi Joy Division de diola, esta é das minhas preferidas da movida madrileña.
Están aquí --> www.decimavictima.com


quarta-feira, fevereiro 17, 2010

Cámara USB tamén ghinda misiles controlada dende a computadora


Evidentemente esto vai así sen comentarios. Quen quera saber máis que mire aquí no link a webtvwire.


Sol


En London inda no inverno, cada vez que sae o sol faise quentinho nún momento. Hoxe foi o caso. Penso que Londres tén lus a esgalla o ano todo. Esto é Angel, naturalmente. Ala afoderse.


sábado, fevereiro 13, 2010

facebookmail, facebookclub, etc...

Facebookmail, pero esto que é?


sexta-feira, fevereiro 12, 2010

Aquí sirven un cocido delicioso

Na Theobalds road. Digan que van da minha parte e inda lles van dar unhas ostias.

segunda-feira, fevereiro 08, 2010

Como foi que tiraram estas fotos?

Hoje hai un ano daquela manifestação organizada e atendida pola caverna do nacionalismo espanhol e autóctonos mencionados no terceiro verso do hino galego. Sobre como cobriram o evento alghúms medios de comunicación ja puxera eu este post daquela. Mas as fotos que serveran e inda hoje servem para ilustrar a historia continuam a me intrigar. Veja aquí, a praça da Quintana cheia de gente para o concerto dos Rolling Stones.
Não lembro que ninguem as discutira daquela. Esse dia estivera eu seguindo os acontecementos dende a minha computadora mirando a webcam da praça da Quintana que amosaba images ao vivo. Lembro que ao remate da marcha os participantes não enchian nem a metade da praça. Logo de um ratinho nela, marcharam. Como é posivel que jornais e medios de comunicação falaram de uma praça cheia? E como conqueriram essas fotos (reproduzo acima um par delas que copiei hai um pouco da web) dando a impressão dunha praça cheia a rebentar? Daba ganha de chequear as images gravadas pola webcam da Quintana porque essas fotos não concordam en absoluto có que mirara eu. Lembro que podía distinguir dous grupos compactos: un diante do palco abaixo e outro detras, nas escaleiras. Poderia ser que uma foto tirada dende o palco dera essa impressão?


Agora hai que botarlhe um olho a esta de aquí abaixo.


Esta foto inda não saiu n'aCoz. Esta concorda com a assistencia que mirara eu ao vivo na webcam. Está tirada dende as escaleiras, onde está colocada a gente e pódese mirar o outro grupo diante do palco, con ese rabinho de gente que se estira a esquerda, lembro que essa fora a forma que mirara na webcam. Daquela não me decatara desses que semelhan estar castighados en fila contra a parede debaixo da cruz. Não sei quem subiu esta foto á rede nem lembro de qual website a descarregara eu nos días seguintes ó acto. Atopeina hai uma semana movendo documentos da computadora velha para a nova. Com esta asistencia, pódese tirar fotos como as amosadas arriba?

Contáranme que fazendo zoom na segunda foto, que tem máis qualidade (melhor fazer click dereito para abrir a foto noutra tabela porque se facedes click normal a foto abre com tamanho fixo e blogspot não permite ampliar), vese que se poden ver não so o corpo de moitos dos do fondo, mais também as pernas. Se houber gente de verdade so se veríam cabezas.
O truco é simples: gente arredor da praça, que fan de "marco"; uns poucos aglomerados diante, que son os que se apreciam na foto; e outros poucos enchendo ocos. Nalgunha esquina ata case se podem contar as cabeças uma a uma."
Penso que se pode identificar tanto o grupo diante do palco erguendo os pasquíns ma man para facer bulto, como a gente que fai de marco numa composição bem situada. Considero tres cousas:
  • Pódese distinguir un límite entre o grupo que aparesce en primeiro plano e a gente que fai de marco. Especialmente onde remata o primeiro grupo e podemos ver aos que están nas escaleiras. Fixeron desaparecer o espaço no medio.
  • Cousas raras na disposição, caso das linhas de gente nos lados, pegadinhos contra a parede, especialmente na terceira foto. Estão castighados? Ténho me molhado na Quintana, non safas da choiva alí.
  • A faixa branca que aparesce no primeiro plano (pódese ler 'Si' coas letras cor vermelha) está dando forma ao grupo fazendo que a gente ocupe os ocos necessarios na composição.
    Independéntemente desto ja dissera que eu mirara a webcam ao vivo. Estou tentando atopar uma foto da mesma concentração e não dou atopado nengunha con melhor qualidade. Hai máis fotos não oficiais? Hai um arquivo das images das webcam que conserve o que gravou ese dia? Ou alguén conhece alghúm asistente que poda contrastar esto?

    Penso que esto fora um engano mediático. Não sei cómo foi que jornais e media colaboraron com esto, fazendo crér que a praça estaba chiea.

    Unha última cousa. Clicken e faghan zoom nesta. Aquí sí que estaba (cáseque) cheia a Quintana, mas nesta última foto hai entre cinco e oito metros de distancia entre a base das escadas e a massa de gente na praça. Esse espaço vazio desapareceu pola perspectiva. Agora studien as cabesas e comparem coas outras.

    domingo, fevereiro 07, 2010

    Scalextric a vender en London

    Mirei que vendían o Scalextric en London, nunha tenda en Holborn que se chama Model Zone. Pensara que desaparecera da faz da terra. Miren ahí nas fotos que tirei da janela do escaparate, con 007 na foto do medio, e na foto de abaixo o duelo dos ghichos eses que o coiso do prezo lles tapa a cara, mais míraselles ben a boquilla do risillo.

    sábado, fevereiro 06, 2010

    Line6 e o Snow Leopard da Apple OS 10.6

    Apanhei o Pod Studio GX da Line 6, un trebellinho que por diante tén un burato jack para lle enchufar o cable que vén da guitarra eléctrica e que por detrás conéctase á computadora via USB. Así podo usar o software (Pod Farm) para tocar varios emuladores de amplis clásicos, cunha interface gráfica moi clarinha para xente de r'n'r, non para xente de computador, tal que se mira nesta foto aquí debaixo.


    Todo moi ben ata que cando fún instalar a cousa tiven esta mensaxe. Computadora nova do paquete crasheando e todo eso. Nágh, que a cousa non vai.


    Pero como vai ir? se na website da Line6 inda están anunciando que están rematando os drivers para que lle funcionen os trebellos no OS 10.6 da Apple, o chamado Snow Leopard (cona, o meu, que mercara unha computadora nova cando o post da Apple Store in Oxford Circus). Tirei estes pantaiasos hai un rato.

    A computadora nova e non podo tocar a ghitarra ata que ésta xente remate os drivers. Neste último pantaiaso xa hai un fío pedindo "action no snow leopard issue". Tamén montaron o grupo no facebook. Tamén hai queixas de usuarios do novo OS de Microsoft, o Windows7, inda que aparentemente ténheno mellor cá os usuarios do Snow Leopard. Paso de comerme a cabesa. Vou gravar as ghitarras có micro no ampli de merda que tenho, ata que éstes anuncien que xa tenhen os drivers que non hai pelotas de probar esas versións beta (beta é unha palabra que deriva de peta) que sacan estes dias coa recomendación de que antes de os instalar fagas unha copia de seghuridade dos teus documentos e lerias que tenhas na computadora. Nalgunha solución desas cheghan a te dicir que tés que reinstalar a OS de novo e seghir tal procedemento. Non, non hai bolas para eso.

    sexta-feira, fevereiro 05, 2010

    Outro misterio: A oficina pantasma do NatWest en Piccadilly Circus

    Realmente está noutra rúa, concretamente en Shaftesbury Avenue, pero a poucos metros de onde se xunta coa praza de Piccadilly Circus. Nún dos lugares máis barullentos e transitados de Londres, esta oficina está sempre valeira, e xa ván varias veces que a visito. Unha caixeira contoume que traballando nela sentíase un pouco como os protagonistas de Solaris, afastados de todo. O feito de que hai que subir unhas escaleiras mecánicas e o estilo que conserva dende os anos oitenta, todo cheo de espellos axuda bastante.

    quinta-feira, fevereiro 04, 2010

    O misterio das rebarbadoras de Ourense



    As fotos son sómentes para pór as cousas en contexto. O asunto é este post titulado O misterio das rebarbadoras de Ourense, no bloghe Caldelao de Caldelas.

    quarta-feira, fevereiro 03, 2010

    Esto hai que ligalo

    as aulas e o despacho from SonCine on Vimeo.

    30-xaneiro-2010. Xornada de Formación dos Premios á Innovación en Normalización Lingüística 2009-2010. Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Política Lingüística) remata a súa ponencia. Podedes ver aquí un extracto do debate posterior. Unha cansa indignación nos ollos dos ensinantes: saben que loitan sós e saben os nomes dos responsables desa soidade. A súa vontade, o seu día a día nas aulas, é a trabe de ouro da escola galega.
    A URL orixinal é esta: http://vimeo.com/9173324
    E naturalmente, entereime aquí.

    Bad Karma

    Ela dixo que a rosa non era para mín, que a mercara para ela mesma. Ok, pero resulta que ao final esqueceu levala cando marchou. Para mín toda, para achala neste estado sómentes un día despois. Tenho que me desfacer desto pero xA.


    terça-feira, fevereiro 02, 2010

    Máis bicis


    Mirei esta bici tan preciosa por Angel, non lembro onde exactamente.



    Estas dúas tamén atopeinas en Angel. Son tan pequenas que na foto de abaixo puxen a minha, que non é especialmente grande, detrás para comparar o tamanho. Estas deben ir coma un tiro pola City.